Inicio arrow Verdegaia - Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia - Ourense
As chemineas de Mariñamansa en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Maio do 2007

Lamentablemente, temos que lembrar o tema das bautizadas como “chemineas de Mariñamansa”. Nunha praza que en teoría é “zona verde” segundo o Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Ourense, fixéronse dúas chemineas enormes contra as que Verdegaia xa protestou hai un tempo e contra as que os veciños veñen protestando desde que se comezou a falar de facelas. Estas chemineas ocupan esa chamada “zona verde”, pero que de verde ten pouco, xa que non hai practicamente vexetación, toda a praza está chea de baldosas e, por se fora pouco, ten dúas chemineas enormes no medio.

Ler máis...
 
Xornadas de Voluntariado Forestal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Maio do 2007

Verdegaia, A Esmorga e Semente, cremos que a estratexia de loita contra os lumes debe constar de catro eixos básicos: o estudo profundo das causas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta forte pola prevención; a mellora da extinción e unha nova política de montes sustentable. Para levala á práctica é imprescindible que haxa máis intervención dos poderes públicos (máis investimentos, máis montes de xestión pública,...), máis participación social e un amplo pacto que una a sociedade galega contra os lumes.

Ler máis...
 
Verdegaia celebra o Día Mundial da Árbore PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 de Marzo do 2007

 O Venres 23 de Marzo Verdegaia Ourense vai celebrar, a partir das 19:30 horas, na Aula Magna do edificio politécnico da Universidade o Día Mundial da Árbore, coa intención de difundir na poboación da nosa provincia un sentimento de amor e coidado da natureza e en especial das árbores.

Ler máis...
 
Concentración contra a IV Copa Nacional de Caza do Raposo PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 de Febreiro do 2007

Verdegaia convida a participar o domingo   4 na Praza Maior do Carballiño na Concentración contra a IV Copa Nacional de Caza do Raposo. A caza rematou o 7 de xaneiro e pensabamos que xa nos libraramos dos problemas que esta práctica causa aos animais, en xeral, e á maioría  da cidadanía que non podemos pasear con tranquilidade polo monte, en particular. Pero, sempre hai trampas”legais” para seguir acosando aos animais indefensos, aínda que sexa en época de apareamento.  A Declaración Universal dos Dereitos do Animais di que “Todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un biocidio, é dicir, un crime contra a vida”. A multiplicación de campionatos  de raposos  pola nosa xeografía pode clasificarse como xenocidio, é dicir, un crime contra a especie.

Ler máis...
 
"Viaxe ao País das Nubes" Crónicas poéticas das comunidades indíxenas de Oaxaca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 de Xaneiro do 2007
manolopipasO núcleo comarcal Verdegaia en Ourense presentou o mércores 27 de decembro, ás 20:00h no Café Trampitán na Praza Maior, o libro Viaxe Ao País das Nubes. O autor, Manolo Pipas, membro do grupo GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas), deunos a coñecer entre poemas, reflexións e coloquios parte da cruenta situación na que as comunidades indíxenas mexicás están a desenvolver a súa longa e digna loita dende a resistencia pacífica. Ademais o grupo de cantareiras Xestreu amenizou o acto cunha actuación musical.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>

Resultados 64 - 72 de 73
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top