|
Thursday, 10 de January do 2008 |
|
A concentración parcelaria da zona de Santo André de Campo Redondo comeza co anuncio do DOG do 19 de abril do ano 2000. Esta concentración afecta á totalidade dos terreos agrícolas, cunha extensión de 249 Ha. Dentro deste territorio hai un monte comunal de 44 Ha., chamado Coto de San Cibrao e O Baliño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sunday, 23 de December do 2007 |
|
O vindeiro domingo 23 de decembro, dentro de Os Domingos de Lecer Verdegaia Ourense, celebran unha nova convocatoria do mercadiño de troco de esta volta na PRAZA SACO E ARCE, pola maña de 12:00 a 14:00 e pola tarde de 16:30 ate as 19:00 horas. O troco é un sistema de consumo máis responsable, posto que implica unha toma de decisións sobre o que necesitamos e o que non; ecolóxico, porque se materializa aquí, na nosa cidade, dándolle unha segunda vida a obxectos que doutro xeito acabarían no lixo; e social, porque pon en común ás persoas que participan nel.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 21 de December do 2007 |
|
Como é ben coñecido, o río Sil está máis que cheo de centrais e minicentrais. Unha delas é Santo Estevo, que está en plena Ribeira Sacra ourensá. Como tamén é sabido, Iberdrola ultimamente está moi empeñada en facer novas explotacións hidroeléctricas por toda esta zona (só hai que lembrar a que quería facer en Caxide, Parada de Sil). O 30 de novembro saíu publicada no BOP de Ourense a solicitude desta empresa para facer unha nova central independente pero interrelacionada con Santo Estevo, chamada consecuentemente Santo Estevo II. Como a outra, estaría no concello de Nogueira de Ramuín, aproximadamente a oito quilómetros máis abaixo da desembocadura do Sil no río Miño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 18 de December do 2007 |
|
Aínda non choveu que chegara para recuperar a capacidade dos encoros deste país, pero os aproveitamentos hidroeléctricos volven ser noticia, cando menos para Vilamartín de Valdeorras e o seu río Leira. O día 5 de decembro de 2007 publicouse no BOE a declaración de impacto ambiental de tres proxectos de aproveitamento hidroeléctrico do mesmo tramo do río Leira, preto da poboación chamada O Mato, pouco máis abaixo do aproveitamento de San Vicente. As empresas son: Prodes Hidroeléctricos S.L., Senercal S.L. e Cortizo S.L. Os tres proxectos practicamente só se diferencian en que Senercal situaría a central 50 metros máis abaixo cás outras, na altura da presa (4,12 m., 5 m. e 2,5 m) e en que as tuberías de Senercal irían soterradas e as das outras non.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 13 de December do 2007 |
|
A tenda de comercio xusto de Amarante e o local social conxunto que inauguramos o sábado 15 de decembro plasma en Ourense o desexo das dúas entidades de estreitar os seus lazos de colaboración. Ambas naceron para afrontar os mesmos retos desde diferentes movimentos sociais e con análises ideoloxicamente próximas. Desde a cooperación internacional unha, desde o ecoloxismo social a outra.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 55 - 63 de 78 |