|
Luns, 10 de Marzo do 2008 |
|
Verdegaia e o Cine Clube Padre Feijoo presentan o vindeiro mércores día 12 de Marzo ás 20:30 horas no Salón de Actos da Biblioteca Pública (Rúa do Concello 11) “Unha lousa sobre o Courel", coa presenza de Mabel Ribera e Henrique Banet. "Unha lousa sobre o Courel" é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos lugares máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estánse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 10 de Marzo do 2008 |
|
Do 17 ó 28 de marzo pódese visitar gratuitamente a exposición "Freemos o cambio climático" no local de Verdegaia (Avenida da Habana, 64) en Ourense, en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. de luns a venres, e os sábados de 10:30 a 14:00.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 03 de Marzo do 2008 |
|
Os/as veciños/as, Anacos da Cidade e Verdegaia convocan a toda a cidadanía
a unha concentración na Praza maior o venres 7 de marzo ás 10:00 h. para
protestar contra o incumprimento da retirada das chemineas de Mercadona en
Mariñamansa.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 27 de Febreiro do 2008 |
|
O mércores 27 de febreiro saíu na prensa a noticia de que na zona había 59
veciños que reclamaban que se mantivesen as chemineas onde están colocadas
actualmente e que se lles daba un prazo de 15 días a todos/as os/as veciños/as
da zona e especialmente ós/ás afectados/as que aínda manteñen xuízos abertos
previamente, para facer propostas a este respecto.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 25 de Febreiro do 2008 |
|
Retomando as boas vibracións nas Xornadas de Agroecoloxía do ano pasado,
Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia decidimos apostar de
novo pola difusión da agroecoloxía como forma de vida alternativa aos círculos
comerciais actuais, tanto para consumidoras como para produtoras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 19 - 27 de 52 |