|
Venres, 05 de Xuño do 2009 |
|
O domingo 7 de xuño o colectivo Sem Um Cam encargarase do segundo mercadiño de troco da Rede Ourense Troca (Amigos da Terra, Amarante, Anacos da Cidade, Sem Um Cam e Verdegaia). Logo do mercadiño do 3 de maio, no que se cambiaron moitas cousas e no que se deu moitísima información sobre a recentemente aberta Cousateca (Rúa do Vilar, 9), vemos como esta actividade se vai asentando e cumpre a súa función de concienciación sobre o noso sistema de consumo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 24 de Maio do 2009 |
|
O mércores 27 e o xoves 28 de maio Verdegaia e Amarante terán un posto na rúa do Paseo con motivo do Día Mundial da Saúde. Á parte de dar información da asociación e das actividades que estamos a desenvolver, levaremos diferentes produtos feitos con material reutilizado (cartón, tetra-bricks, etc.). Amarante fará degustación de varios produtos que ten a vender na tenda.
Agardámosvos a todos/as de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.
|
|
|
Domingo, 24 de Maio do 2009 |
|
O luns 25 de maio ás 11:00 h Verdegaia e Amarante presentan en Ourense no local que comparten (Avenida da Habana, 64) a Moción de Compra Pública Ética que xa se presentou o día 19 de maio en Compostela.
Máis información
|
|
|
Domingo, 24 de Maio do 2009 |
|
O luns 25 de maio ás 20:00 h. Verdegaia Ourense proxectará na Casa da Xuventude o documental "Unha lousa sobre o Courel " de Namche Films , dentro da programación do Maio Xove.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 30 de Abril do 2009 |
|
Despois do nacemento da Cousateca en Ourense (un lugar onde se prestan todo tipo de obxectos: esquís, botas de esquís, lanchas inchables, libros, ferros de pasar, televisións, xogos...), naceu a rede Ourense Troca, da que forman parte Verdegaia, Amigos da Terra, Amarante, Anacos da Cidade e Sem Um Cam.
Este domingo (3 de maio) levarase a cabo o primeiro mercadiño de troco regular que esta rede decidiu pór en marcha e do que se encargará esencialmente Verdegaia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 71 |