Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novas de Verdegaia-Ourense
Central hidroeléctrica Sto. Estevo II no río Sil PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ourense
Venres, 21 de Decembro do 2007

Como é ben coñecido, o río Sil está máis que cheo de centrais e minicentrais. Unha delas é Santo Estevo, que está en plena Ribeira Sacra ourensá. Como tamén é sabido, Iberdrola ultimamente está moi empeñada en facer novas explotacións hidroeléctricas por toda esta zona (só hai que lembrar a que quería facer en Caxide, Parada de Sil).  O 30 de novembro saíu publicada no BOP de Ourense a solicitude desta empresa para facer unha nova central independente pero interrelacionada con Santo Estevo, chamada consecuentemente Santo Estevo II.  Como a outra, estaría no concello de Nogueira de Ramuín, aproximadamente a oito quilómetros máis abaixo da desembocadura do Sil no río Miño.
 

Ler máis...
 
Aproveitamentos hidroeléctricos no río Leira, en Vilamartín de Valdeorras PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ourense
Martes, 18 de Decembro do 2007

Aínda non choveu que chegara para recuperar a capacidade dos encoros deste país, pero os aproveitamentos hidroeléctricos volven ser noticia, cando menos para Vilamartín de Valdeorras e o seu río Leira. O día 5 de decembro de 2007 publicouse no BOE a declaración de impacto ambiental de tres proxectos de aproveitamento hidroeléctrico do mesmo tramo do río Leira, preto da poboación chamada O Mato, pouco máis abaixo do aproveitamento de San Vicente. As empresas son: Prodes Hidroeléctricos S.L., Senercal S.L. e Cortizo S.L. Os tres proxectos practicamente só se diferencian en que Senercal situaría a central 50 metros máis abaixo cás outras, na altura da presa (4,12 m., 5 m. e 2,5 m) e en que as tuberías de Senercal irían soterradas e as das outras non.

Ler máis...
 
Novo Local Social e Tenda de Comercio Xusto en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ourense
Xoves, 13 de Decembro do 2007

A tenda de comercio xusto de Amarante e o local social conxunto que inauguramos o sábado 15 de decembro plasma en Ourense o desexo das dúas entidades de estreitar os seus lazos de colaboración. Ambas naceron para afrontar os mesmos retos desde diferentes movimentos sociais e con análises ideoloxicamente próximas. Desde a cooperación internacional unha, desde o ecoloxismo social a outra.

Ler máis...
 
Verdegaia denuncia a tala de bosque autóctono e reparto de monte en mancomún na comarca da Limia PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ourense
Luns, 03 de Decembro do 2007

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que no monte en Mancomún denominado O Mato, situado na parroquia de Boado, no concello de Xinzo de Limia estanse a repartir terreos pertencentes a dito monte, o cal vai contra a lei, xa que o monte en mancomún é indivisíbel.

Ler máis...
 
Verdegaia ante a creación do “Foro pro AVE” promovido polo Concello de Ourense. PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ourense
Mércores, 28 de Novembro do 2007

Verdegaia, ante a creación do Foro pro Ave, a iniciativa do Concello de Ourense,  foi convocada, xunto con outras organizacións sociais, sindicais e ecoloxistas, á  xuntanza celebrada o día 23 de novembro a iniciativa da tenencia de alcaldía do Concello de Ourense. O acto, segundo a información que se lle deu a esta organización, pretendía recoller as diversas opinións dos colectivos convocados ao respecto do trazado do AVE ao seu paso pola cidade de Ourense.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 45 de 58
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top