EsCuA (Espazo Cultural Aberto–Ourense), conxunto de asociacións/colectivos sociais, da cidade de Ourense, entre os que se atopa Verdegaia, pretende promover un espazo cultural aberto e autoxestionado.
Esta semana presentamos o programa de actividades para o verán na zona vella da cidade de Ourense. Un paso máis na dinamización social e cultural coorganizado por todos os colectivos que forman parte de EsCuA.
Baixo o título VERÁNeARTE, o programa conta cunha ampla variedade de actividades: andainas, palestras, cinema, música, danza, bicicletadas….
As V xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam e Verdegaia presentan durante 20 dias de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez mais visíbel, para que cada ano teñan mais voz todos aquelas proxectos alternativos centrados no compromiso con a xustiza social e ecolóxica.
Dentro do seu programa Vai de roteiros, Verdegaia organiza esta fin de semana un roteiro polas ribeiras do río Arnoia ao seu paso polos concellos da Merca e Allariz. É un roteiro circular que parte da aldea de Fontao. Convidámosvos a todos e todas a participar!.
O día 16 de xuño levouse a cabo a comparativa de medios de transporte no núcleo de Ourense. Finalmente os medios empregados foron: bici, en coche, en bus e a pé, co engadido da ruta sen tramos dunha persoa cun carriño cun bebé.
O día 16 de xuño Verdegaia Ourense
realizará de novo a comparativa de medios. Esta comparativa consiste en facer
un percorrido de tres tramos con varios medios de transporte (andando, en bici,
en coche, en taxi e en autobús).