Roteiro Micolóxico pola Carballeira de Bando (Compostela)
- Detalles
- Publicado o Xoves, 26 Outubro 2006 01:00
- Visitas: 2985
O Núcleo Comarcal de Verdegaia en Compostela organiza o sábado 4 de novembro un roteiro micolóxico pola Carballeira de Bando guiado por biólogos expertos en cogumelos.
A saída será as 10:00 dende a dársena de autobuses do Colexio La Salle voltando arredor das 14:00. Prezo por persoa: 2 €.
Recoméndase levar un cesto de bimbio e unha navalla.
Cómpre anotarse previamente no correo-e This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou chamando ao 658 479 468.





