Inicio arrow Verdegaia - Compostela  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia - Compostela
Inauguración do local de Verdegaia e Amarante en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 23 de June do 2009
As organizacións Amarante e Verdegaia veñen de entrecruzar o seu camiñar organizativo en Compostela, apostando por unha alianza de colaboración e apoio mutuo que ten como expresión máis concreta a apertura dun local compartido nesa cidade,dotado dun centro de recursos con material bibliográfico e audiovisual, sala de usos múltiples para a realización de actividades, ademais da tenda de productos de comercio xusto. O próximo xoves día 25 de xuño a partir das 20:00hs na rúa Romero Donallo nº 17, celebramos a inauguración oficial do local cuns pinchos e quixéramos contar coa vosa presenza. Tamén teremos unha exposición sobre o cambio climático, música, caipiriñas e algunha outra sorpresa... Non o perdades!
 
Cociña responsable-mente. 2º Obradoiro PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 09 de June do 2009

O obradoiro nº2 do programa de Verdegaia “Cociña responsable-mente” realizarase en dous grupos debido á cantidade de participantes do primeiro e a posterior demanda. Realizarase no local da Troita Armada (Rúa Pombal, 18) en Compostela, un será o xoves 11 de xuño ás 19’30h e o outro o sábado 13 de xuño ás 11’30h, polo que debedes avisar en cal queredes participar. Anotádevos en compostela(a)verdegaia.org ou no 676029049. Os contidos versarán sobre a realización dun menú completo (primeiro, segundo e sobremesa) seguindo os principios da Cociña Responsábel. Podes coñecer máis sobre a cociña responsábel aquí

 
30 de maio. Mercadiño de Troco en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 28 de May do 2009

O vindeiro Sábado 30 de maio, Verdegaia-Compostela celebra, en colaboración coa asociación de comerciantes da Praza, unha nova xornada de troco no recinto da Praza de Abastos de Compostela. A temática do troco será libre, é dicir, se poden achegar aqueles obxecto que estean en bo estado, pero que xa non son útiles, para buscarlles un novo dono/a, nun espazo de mercado non capitalista e e de consumo responsábel. Esta nova edición do Mercadiño de Troco de Verdegaia, enmarcado dentro da campaña Consomes ou Devoras?, continúa unha actividade que xa se realizou con grande éxito nesta cidade.

Ler máis...
 
Obradoiros Verdegaia-Compostela: Cociña responsable-mente PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 30 de April do 2009
 Xantar san, ecolóxico e responsablemente é máis sinxelo e delicioso do que parece. Require, como moitas actitudes dun CONSUMO RESPONSABLE e un pouco de SENTIDO COMÚN. Vén coñecer como e que cociñar responsable-mente cos obradoiros que realizaremos a partir do mes de maio no Local da Troita Armada, Rúa do Pombal 17 (Compostela). O primeiro será o 7 de maio ás 19:30.

Ler máis...
 
Crise económica, mellora ambiental?. Tertulias ecoloxistas en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 23 de April do 2009
Este mércores 29 de abril celebramos unha nova edición das Tertulias Ecoloxistas no Paraiso Perdido. O tema será Crise Económica, mellora ambiental?. Será ás 20:30 no Pub Paraiso Perdido (rúa Antealtares, 3) en Compostela
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 55 - 63 de 103
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top