|
Thursday, 08 de April do 2010 |
|
O vindeiro sábado 10 de abril, Verdegaia Compostela e a Gentalha do Pichel organizan un roteiro fotográfico polas Brañas de Sar como denuncia das actuacións que o Concello está a desenvolver neste espazo natural señeiro. Durante o percorrido coñeceremos as características singulares deste espazo eos impactos que está a padecer na actualidade e as ameazas que supoñen as actuacións previstas nun futuro próximo. A saída será as 10:30 dende o local da A.C. A Gentalha do Pichel , na rúa Santa Clara, nº 21.
|
|
|
Wednesday, 17 de March do 2010 |
|
A empresa MIGASA está a solicitar a licenza de inicio de actividade para unha súa canteira que leva en funcionamento máis de 40 anos no camiño dos Vilares. Verdegaia vén de participar na avaliación da súa incidencia ambiental detectando importantes afeccións e incumprimentos normativos.
A canteira, situada en terreos de protección florestal, está a interferir no rexime hídrico do río Corgo, que atravesa a nosa cidade polos Salgueiriños, San Caetano, o auditorio de Galiza e o parque de Galeras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 15 de March do 2010 |
|
Esta mañá a concelleira Elvira Cienfuegos recebeu unha delegación do
núcleo comarcal de Verdegaia, que apresentara un documento de
participación no inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) da
Xunta para o plano especial que promove o concello neste espazo. O
colectivo ecoloxista achegou a súa preocupación por que desde Ambiente
da Xunta se resolvese finalmente que non era preciso continuar con este
trámite ambiental en base a que o PXOM xa fora aprobado definitivamente
cos preceptivos trámites. No mesmo documento tamén se recolle que a
Xunta declarara a "inviabilidade do submetemento do PXOM á AAE",
deixando na práctica, e até o momento, sen supervisión ambiental as
actuacións nesta paraxe.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 15 de March do 2010 |
|
Falamos de cambialo todo para que todo siga
igual ou falamos de cambialo todo para realmente cambialo todo? Falamos de
educar para aprender a separar residuos ou falamos de educar para aprender a
cambiar o mundo? Falamos de participar votando cada dous anos ou falamos de
participar sempre que queiramos? Desenvolvemento Sostible, Educación Ambiental,
Democracia... palabras que dependendo dos beizos que sirvan de acollida teñen
un ou outro significado. Son palabras prostituídas ou palabras roubadas? Verdegaia – Compostela convídate, unha vez máis,
a participar connosco desta tertulia na que, entre outras cousas, tentaremos
dar resposta a todos estes interrogantes. Vémonos o mércores 17 ás 20:30 no Paraíso Perdido (San Paio de Antealtares, 3. Santiago de Compostela)
|
|
|
Wednesday, 10 de March do 2010 |
|
O vindeiro xoves, 11 de marzo, proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións veñen organizando no local que comparten en Compostela. Nesta ocasión, a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos... Desta volta contaremos cunha participación moi especial: Pablo Carro, compañeiro que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina, conducirá un coloquio despois do filme, ofrecéndonos algunhas claves para achegarnos a actual situación das iniciativas e experiencias populares xurdidas no país austral nos últimos anos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 45 de 103 |