Inicio arrow Verdegaia - Compostela  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia - Compostela
22 de xuño. Roteiro polas Brañas de Dodro: Pasado, presente e futuro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 de Xuño do 2008

branhasdedodrorotweb.jpgCoñece en tren e a pé un dos espazos húmidos intermareais máis extensos, descoñecidos e de maior valor ambiental de Galiza. É o habitat de máis de 60 especies de aves entre as que está a escribenta das canaveiras, unha reliquia destas brañas que está en perigo de extinción, ou a folosa acuática, tamén ameazada. A foz do río Ulla é tamén o escenario de antigas e modernas referencias literarias, misteriosas lendas e o sustento de ancestrais actividades humanas que se coñecerán neste roteiro. 

Ler máis...
 
Verdegaia anima a continuar na erradicación de especies exóticas en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 de Xuño do 2008

Logo do anuncio da retirada por parte do Concello de 2 exemplares da planta exótica Reynoutria japonica, Verdegaia anima ao Departamento de Medio Ambiente a que elabore un estudo sobre plantas exóticas no municipio e desenvolva programas de erradicación daquelas que sexa posíbel. 

Ler máis...
 
Xornadas "In.Formación Contra.Publicidade" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 de Maio do 2008

Verdegaia Compostela organiza as xornadas In.Formación Contra.Publicidade: Son todos os anuncios iguais? nas que traballará a temática da publicidade e a contrapublicidade como ferramentas consumistas e alternativas respectivamente.

Ler máis...
 
Nova edición do mercadiño de troco en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 de Abril do 2008
consomes_ou_devoras.gifO vindeiro Sábado 5 de Abril,Verdegaia-Compostela celebra unha nova xornada de troco a partires das 11 da mañá na praza da igrexa da Rúa de San Pedro. A temática do troco será libre, é dicir, se poden achegar aqueles obxecto que estean en bo estado, pero que xa non son útiles, para buscarlles un novo dono/a, nun espazo de mercado non capitalista e e de consumo responsábel. Así mesmo, haberá unha sección específica adicada ao troco de obxectos infantís para idades de 0 a 6 anos. Esta nova edición do Mercadiño de Troco de Verdegaia, enmarcado dentro da campaña Consumes ou Devoras?, ven a afianzar unha actividade que se realiza con grande éxito nesta cidade.
Ler máis...
 
Verdegaia rexeita a investigación con árbores transxénicas en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 de Marzo do 2008

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, en Compostela, o primeiro invernadoiro de Galicia destinado á Biotecnoloxía Forestal, ou sexa, á investigación de árbores modificadas xeneticamente. Verdegaia ven de trasladarlle á Consellería de Medioambiente a esixencia de anular a decisión de construír en Santiago de Compostela o primeiro invernadoiro de Galicia dirixido ao traballo con plantas transxénicas; que a Xunta se comprometa a non destinar recursos públicos á investigación de árbores modificadas xeneticamente;  e a elaboración dunha Lei que prohiba as árbores xeneticamente modificadas -incluíndo os ensaios de campo- en Galicia. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 32
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top