|
Novas do NC de Compostela
|
|
Monday, 02 de November do 2009 |
|
Carlos
Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid e autor dunha veintena de libros sobre o capitalismo, a economía e o
decrecemento, falará sobre o decrecemento o vindeiro xoves, 5 de novembro ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca, nun acto organizado por Verdegaia-Compostela.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Saturday, 24 de October do 2009 |
|
Malia a chuvia e o vento, hoxe pola mañá tivo lugar na Praza do Obradoiro de Compostela unha acción convocada pola asociación ecoloxista Verdegaia como parte do día internacional de acción climática coordenado pola campaña 350.org. As e os participantes construíron sobre o chan da praza un grande 350 e tamén exhibiron un 350 detrás dunha pancarta co lema "Freemos o cambio climático".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Tuesday, 20 de October do 2009 |
|
Xa estamos no último dos obradoiros de cociña responsable-mente que Verdegaia está a desenvolver dende maio. Despois de aprender o que reducir da dieta e o que aumentar, a procedencia dos produtos, onde mercar, que tipo de produtos, como os cociñar, como os adozar... imos coñecer no 4º obradoiro, como cociñar un produto que temos ben perto, as algas. Un produto por coñecer, por potenciar, por degustar, cheo de vitamina, minerais, proteinas... O obradoiro será o XOVES 22 as 19:30 no local da Troita Armada na Rúa do Pombal 18, en Compostela. Pódeste anotar no enderezo-e compostela(a)verdegaia.org ou chamando ao 676029049 (Sabela).
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Monday, 19 de October do 2009 |
|
O vindeiro mércores 21 de outubro ás 20:30 horas volven a Compostela as
tertulias ecoloxistas no Paraíso Perdido (Rúa Entrealtares, 3). Nesta ocasión, o título escollido para a tertulia é "Homo tecnologicus vs. Homo sapiens? como sobrevivir coa tecnoloxía...". A tecnoloxía da que dispoñemos supón un conflito permanente entre as
facilidades proporcionadas e as continuas necesidades creadas... É posíbel o
equilibrio? como acadalo? As tertulias están abertas a todos e todas as que queirades acudir. Ven
participar connosco deste debate!
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Saturday, 17 de October do 2009 |
|
O próximo sábado 24 de
outubro celébrase en todo o mundo unha xornada de mobilización por
un acordo climático ambicioso e xusto, promovida desde a campaña
350. Volvermos canto antes a unha concentración atmosférica de 350
partes por millón (ppm) de dióxido de carbono (CO2)
semella necesario para garantirmos que a mudanza climática en marcha non
atinxa unha dimensión catastrófica nas próximas décadas.
Verdegaia convocou unha concentración ás 12 h na Praza do Obradoiro
de Santiago para defender o obxectivo 350.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|