Inicio arrow Novas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Novas
Sábado 10 de abril.Roteiro polas Brañas do Sar PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Thursday, 08 de April do 2010

O vindeiro sábado 10 de abril, Verdegaia Compostela e a Gentalha do Pichel organizan un roteiro fotográfico polas Brañas de Sar como denuncia das actuacións que o Concello está a desenvolver neste espazo natural señeiro. Durante o percorrido coñeceremos as características singulares deste espazo eos impactos que está a padecer na actualidade e as ameazas que supoñen as actuacións previstas nun futuro próximo. A saída será as 10:30 dende o local da A.C. A Gentalha do Pichel , na rúa Santa Clara, nº 21.

 
Legalizar minas nos barrios de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Wednesday, 17 de March do 2010

migasapanorammaq1.jpg

A empresa MIGASA está a solicitar a licenza de inicio de actividade para unha súa canteira que leva en funcionamento máis de 40 anos no camiño dos Vilares. Verdegaia vén de participar na avaliación da súa incidencia ambiental detectando importantes afeccións e incumprimentos normativos. A canteira, situada en terreos de protección florestal, está a interferir no rexime hídrico do río Corgo, que atravesa a nosa cidade polos Salgueiriños, San Caetano, o auditorio de Galiza e o parque de Galeras.

Ler máis...
 
Preocupación pola tramitación de Brañas do Sar PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Monday, 15 de March do 2010

elviracienfuegoscomposviva.jpgEsta mañá a concelleira Elvira Cienfuegos recebeu unha delegación do núcleo comarcal de Verdegaia, que apresentara un documento de participación no inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) da Xunta para o plano especial que promove o concello neste espazo. O colectivo ecoloxista achegou a súa preocupación por que desde Ambiente da Xunta se resolvese finalmente que non era preciso continuar con este trámite ambiental en base a que o PXOM xa fora aprobado definitivamente cos preceptivos trámites. No mesmo documento tamén se recolle que a Xunta declarara a "inviabilidade do submetemento do PXOM á AAE", deixando na práctica, e até o momento, sen supervisión ambiental as actuacións nesta paraxe.

Ler máis...
 
A prostitución das palabras. Nova edición das tertulias ecoloxistas en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Monday, 15 de March do 2010
Falamos de cambialo todo para que todo siga igual ou falamos de cambialo todo para realmente cambialo todo? Falamos de educar para aprender a separar residuos ou falamos de educar para aprender a cambiar o mundo? Falamos de participar votando cada dous anos ou falamos de participar sempre que queiramos? Desenvolvemento Sostible, Educación Ambiental, Democracia... palabras que dependendo dos beizos que sirvan de acollida teñen un ou outro significado. Son palabras prostituídas ou palabras roubadas? Verdegaia – Compostela convídate, unha vez máis, a participar connosco desta tertulia na que, entre outras cousas, tentaremos dar resposta a todos estes interrogantes. Vémonos o mércores 17 ás 20:30 no Paraíso Perdido (San Paio de Antealtares, 3. Santiago de Compostela)
 
Amarante e Verdegaia botan o peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar" PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Wednesday, 10 de March do 2010
O vindeiro xoves, 11 de marzo, proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións veñen organizando no local que comparten en Compostela. Nesta ocasión, a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos... Desta volta contaremos cunha participación moi especial: Pablo Carro, compañeiro que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina, conducirá un coloquio despois do filme, ofrecéndonos algunhas claves para achegarnos a actual situación das iniciativas e experiencias populares xurdidas no país austral nos últimos anos.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top