|
Novas do NC de Compostela
|
|
Xoves, 05 de Xullo do 2007 |
|
Medio cento de persoas asistiron á proxección do documental “El salario del silencio” que tivo lugar onte en Santiago no local de “A Gentalha do Pichel”, organizada por Verdegaia. O filme amosa como a cobiza e a falta de escrúpulos levaron a instalar a planta regasificadora de REGANOSA en Mugardos, no interior da ría de Ferrol, provocando un elevado impacto ambiental e ameazando a saúde e a seguridade da poboación que vive no contorno da ría. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Sábado, 30 de Xuño do 2007 |
|
Verdegaia critica o proxecto de actuación da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente (MMA) para as Brañas de Dodro, na desembocadura do río Ulla, por entender que deterioraría unha zona húmida de elevado interese natural, integrada na rede europea de espazos protexidos Natura 2000. Costas ignora o valor ecolóxico real das Brañas de Dodro e pretende promover actuacións que artificializarían o contorno. Verdegaia solicitou á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental do MMA que someta o proxecto a avaliación ambiental e pediu á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta que interveña. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
A Masa Crítica de Compostela regala este mércores 30 de maio un timbre a todas as persoas que se acheguen a ela coa súa bicicleta como arranque da iniciativa "A bici vai por barrios", que comezará no barrio das Fontiñas. A Masa Crítica de Compostela é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios/as que realizan un paseo colectivo pola cidade no derradeiro mércores de cada mes. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Mércores, 09 de Maio do 2007 |
|
O Núcleo Comarcal de Compostela de Verdegaia participa na celebración do Día internacional do comercio xusto promovida en Santiago pola ONGD Amarante. Faino organizando un novo mercado de troco, desta vez de roupa. Será na Praza Roxa o próximo sábado 12 de maio pola mañá. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Luns, 07 de Maio do 2007 |
|
No 21 de abril pasado celebrouse a asemblea anual do Núcleo Comarcal (NC) de Compostela de Verdegaia. Ao longo do 2006, Verdegaia-Compostela centrou o seu traballo na mobilidade e o transporte, a biodiversidade, a educación ambiental e o consumo. Na nosa memoria anual 2006 presentámosche Verdegaia-Compostela e o seu labor. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|