|
Novas do NC de Compostela
|
|
Xoves, 11 de Outubro do 2007 |
|
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta ocultou á poboación compostelá unha superación do umbral de alerta polo contaminante atmosférico dióxido de nitróxeno (NO2) rexistrada o 11 de agosto de 2006, durante a vaga de lumes, na estación que mide a calidade do aire na cidade de Santiago. Desta forma, e contrariando a normativa de calidade do aire, privouse á poboación dunha información relevante para a protección da súa saúde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Martes, 09 de Outubro do 2007 |
O Plano Parcial de Ordenación do sector nº 10 de Solo Urbanizable Industrial denominado polígono empresarial San Martiño 2 considera que a bicicleta e ir a pé non se poden considerar como alternativas de transporte a considerar para o polígono en base a un conxunto de inconvenientes como a distancia que separa o sector de Sigüeiro, a descontinuidade da trama urbana, a climatoloxía, a inseguridade vial, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Venres, 14 de Setembro do 2007 |
|
Verdegaia-Compostela cuestiona a decisión da Consellería de Medio Ambiente e do Concello de Santiago, anunciada onte a través dalgúns medios, de trasladar a estación de control da contaminación do aire situada no Ensanche, na Praza de Vigo, para o Campus Sur, logo de que Verdegaia chamase a atención sobre a superación en 2006 do valor límite horario de dióxido de nitróxeno (NO2) para a protección da saúde humana fixado pola lexislación. Semella que as Administracións públicas están máis interesadas en ocultar o problema de calidade do aire existente no centro da cidade que en afrontalo a través de medidas para reducir o tráfico.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Xoves, 13 de Setembro do 2007 |
|
Verdegaia-Compostela denuncia que, de acordo cos datos sobre a calidade do aire en Galicia en 2006 divulgados pola Consellería de Medio Ambiente, no municipio de Santiago incúmprese a lexislación sobre calidade do aire. No centro da cidade superouse un valor límite para o dióxido de nitróxeno (NO2), mentres que no contorno da empresa madeireira FINSA excedéronse os valores límite para partículas en suspensión. A deterioración da calidade do aire é un problema ambiental e de saúde pública.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas do NC de Compostela
|
|
Mércores, 08 de Agosto do 2007 |
|
Da mesma forma que no resto das principais cidades, Verdegaia presentou en Santiago unha iniciativa dirixida ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, con propostas para unha nova política municipal da auga acorde coa Directiva Marco da Auga e cos principios da Nova Cultura da Auga. A xuízo de Verdegaia-Compostela, a xestión municipal da auga debería caracterizarse pola promoción do aforro e a eficiencia, pola depuración adecuada das augas residuais e polo estímulo da participación social. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|