Inicio arrow Novas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novas
Cogumelos e boa compaña: éxito do roteiro do pasado 8 de novembro PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Martes, 18 de Novembro do 2008
7_outrocesto.jpgAcompañou tempo de outono polas Fragas do Espindro, brétema, algo de friaxe mais non choveu. Foi interesante coñecer a variedade de habitats na contorna do Esprindo en Cerceda, así como a encrucillada de agresións ambientais da contorna (Meirama central, lignitos de Meirama, Sogama, parque industrial, obras do TAV, ...).
Ler máis...
 
8 de novembro: Roteiro micolóxico polas fragas do Espindro en Cerceda PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Martes, 04 de Novembro do 2008
Unha introdución ao marabilloso mundo dos cogomelos e os fungos, da man do micólogo Martín Souto. Apañamos o tren en Compostela e en menos de media hora estamos a pasear polas fragas do Espindro en Cerceda. Hai que levar o bocata e roupa de monte (botas, impermeábel e paraugas). Quen teña un cesto de bimbias que o leve (e nunca bolsas ou caixas de plástico). Tamén pode ser útil unha navalliña, lápis e papel, un manual de cogomelos e unha cámara de fotos se temos por casa.
Ler máis...
 
Comes o mundo ou cambias o mundo? Verdegaia continua coas súas tertulias ecoloxistas en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Luns, 06 de Outubro do 2008

O vindeiro mércores 8 de outubro ás 20:30, Verdegaia celebrará no Pub Paraíso Perdido (r/Antealtares,3. Compostela) unha tertulia sobre a relación entre o Ecoloxismo e o Vexetarianismo. Con estas tertulias, que vimos celebrando dende o mes de marzo deste ano, a nosa asociación quere compartir temáticas e debates con todos/as aqueles/as que queiran participar nesta actividade, falando e coñecendo experiencias e actividades de diversa índole Nesta ocasión, o tema escollido é o do vexetarianismo e a súa relación co movemento ecoloxista, tanto no que respecta as súas accións como nos seus fundamentos ideolóxicos e á súa relación coa actual situación do planeta. Esperámoste alí!!

 
Verdegaia guía o roteiro polas Brañas de Laíño para o Clube das Fontiñas PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Luns, 22 de Setembro do 2008

confontinhasnoredondo.jpgEste domingo Verdegaia-Compostela colaborou no guiado do roteiro polas Brañas de Laíño co clube das Fontiñas. Xuntámonos unhas 50 persoas e a cousa dou moito de si, ampliouse a visita á eira dos horreos de Imo e á aldea de Castro co que chegamos aos 22 km. A Braña sempre nos sorprende e nos acolle, esta vez foi un xuvenil de garza real (Ardea cinerea) que amosou moito interese nas actividades de Verdegaia e foinos pispando sempre uns metros por diante nun bo treito da camiñada á altura das Avesadas.

Ler máis...
 
22 de xuño. Roteiro polas Brañas de Dodro: Pasado, presente e futuro PDF Imprimir Correo-e
Novas do NC de Compostela
Luns, 16 de Xuño do 2008

branhasdedodrorotweb.jpgCoñece en tren e a pé un dos espazos húmidos intermareais máis extensos, descoñecidos e de maior valor ambiental de Galiza. É o habitat de máis de 60 especies de aves entre as que está a escribenta das canaveiras, unha reliquia destas brañas que está en perigo de extinción, ou a folosa acuática, tamén ameazada. A foz do río Ulla é tamén o escenario de antigas e modernas referencias literarias, misteriosas lendas e o sustento de ancestrais actividades humanas que se coñecerán neste roteiro. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top