|
Domingo, 15 de Outubro do 2006 |
|
Unha das nosas preocupacións como asociación tamén radica na conservación do patrimonio cultural e patrimonial de Galiza, alén do traballo ecoloxista.
No concello de Narón existe un muíño de vento. Sí , de vento. Tan famosos en Castela e tan esquencidos aquí... Moito menos coñecidos cos de río, debido en parte a súa escaseza, e, nos que cuns axeitados coidados de restauración, recuperarían a beleza de outrora. Para o muíño de vento da parroquia de San Mateo de Trasancos en Narón aínda non é demasiado tarde. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 15 de Outubro do 2006 |
|
Verdegaia (NC Ferrol) denuncia o verquido de importantes candidades de entullos no Humidal Protexido das Cabazas (Ferrol) ocasionando a degradación puntual do ecosistema. O sitio forma parte do Dominio Público Hidráulico e está calificado como Zona de Conservación e protección de Costas e Praias. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 03 de Setembro do 2006 |
|
Carballeira de Menáncaro, carballeira do Pazo do Monte, lamigueiro de Vilela, teixo da malata en Ferrol; acivro da Casa da Quintana en Narón; sebe de buxos da Bouza da Cabra e araucaria da Vila Herminia en Valdoviño foron as propostas que Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal solicitou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para seren incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 31 de Agosto do 2006 |
O acordo unánime do Pleno permitiu aprobar case integramente a moción "Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático" presentada por Verdegaia o pasado mes de maio. Coa súa aprobación, o goberno municipal asume a integración de medidas de mitigación do cambio climático en todas as súas políticas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 29 de Agosto do 2006 |
|
Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, moi sensibilizada co grave problema dos lumes, decidiu organizarse xunto coa SGHN e ADEGA para tentar mitigar os efectos de máis lumes nas nosas comarcas. Para isto formouse un dispositivo de vixilancia dos montes e alerta rápida ás autoridades. Este dispositivo consiste en grupos de voluntarios/as que de forma totalmente altruista adican parte do seu tempo libre a percorrer os montes provistos duns prismáticos e dun móbil. Pretendemos, deste xeito, alertar o máis axiña posíbel a bombeiros e brigadas contraincendios no caso de lume. A lista de voluntarios/as continua aberta e para colaborar só hai que chamar ao teléfono 981 35 28 20 en horario de mañá. As labouras de vixilancia continuarán até finais de setembro. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 46 - 52 de 52 |