Inicio arrow Verdegaia - Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia - Ferrol
Mercadiño de Troco en Ferrol: Contra o consumismo, troca e reutiliza PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 15 de April do 2009

O domingo 19 de Abril na Praza Vella de Ferrol (ou no  edificio do Mercado Central-Ferrol en caso de chuvia) desenvolverase de 10:00 a 13:30 unha nova edición do Mercadiño de Troco . Este mercadiño de troco ten periodicidade bimensual. Tamén podes acceder ao Mercadiño permanente FerrolTroca no que atoparás trocos, cesións, bancos de tempo . . ..

 
Domingo 15: Novo mercadillo de troco en Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 12 de February do 2009

O vindeiro Domingo 15 de Febreiro celébrase en Ferrol un novo mercadillo de troco, o segundo organizado pola recén criada FerrolTroca (Rede de Troco de Ferrol), da que fai parte Verdegaia. O mercadillo é bimensal e celébrase na Praza Vella de 10:00 a 13:30 horas. Trocaranse: Libros, Menaxe de cociña, Artesanía, Audiovisuais, Xogos e xoguetes, Roupa e todas aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.

 
Verquido no Porto Exterior de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 11 de February do 2009

Ante o verquido que tivo lugar o pasado 8 de Febreiro no Porto Exterior de Ferrol debido ás actividades nas instalacións da empresa Entaban Biocombustibles e que afectou á Ría, os colectivos Sociedade Galega de Historia Natural, Adega e Verdegaia cualifican como tomadura de pelo afirmar, tal e como fixeron os responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol, que os 10.000 litros de aceites vexetais e glicerina vertidos non son contaminantes, xa que cada litro de aceite ten a capacidade de contaminar entre 1.000 e 1 millón de litros de auga, dependendo do tipo de aceite. Os colectivos asinantes esiximos que se expliquen as causas técnicas deste accidente e que o proxecto de instalación e explotación de Entaban se faga público. Reclamamos tamén que a Fiscalía de Medio Ambiente sexa contundente con este tipo de accións, sendo sancionada a empresa e paralizada a súa actividade de non estar garantida a seguridade ambiental.

Ler máis...
 
A EDAR de Ponte Baxoi (Miño) debe ser trasladada a outro lugar PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 07 de February do 2009

Verdegaia pide que se desestime a autorización de vertido para a Estación Depuradora de Augas Residuais E.D.A.R. en Ponte Baixoi (Miño). Considera a depuradora unha ameaza para a riqueza biolóxica da Marisma de Baixoi, incluídos os bancos marisqueiros existentes na zona, dado que os efluentes verteríanse neste humidal a través do principal río tributario. Reitera a necesidade de trasladar a depuradora a outro lugar máis axeitado.

Ler máis...
 
Concentración en protesta contra o proxecto de enlace entre a AP-9 en Neda e a AG-64 PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 28 de January do 2009

Sábado 31, ás 17:30 horas na Praza do Concello de Neda.

O proxecto de enlace entre a AP9 (Neda) e a autoestrada Ferrol-Vilalba (AG-64) carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG-64 (Ferrol-Vilalba) por medio de cando menos estas tres opcións:

  • Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
  • A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
  • A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 45 de 100
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top