Inicio arrow Verdegaia - Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia - Ferrol
Presentadas alegacións contra o proxecto de explotación da mina de andalucita de Goente PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 de Xuño do 2007

andalucita.jpgVerdegaia, xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural e outros colectivos presentou alegacións contra o proxecto de explotación do xacemento de andalucita de Goente, nas Pontes. Nas alegacións, alén dos impactos ambientais, denuncianse irregularidades e incumprimentos legais en tema de concesións mineiras e de acceso á información ambiental.

Ler máis...
 
E outro campo de golf que se pretende instalar en terreos da Rede Natura 2000 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 de Maio do 2007

panorama_de_santa_comba_dende_o_aparcamento_pequeno_1.jpgTrala aprobación, esta semana, por parte do concello de Ferrol, dun convenio para a creación dun campo de golf en Santa Comba (Covas), Verdegaia manifesta o seu total rexeitamento a tal pretensión por implicar a ocupación e a degradación de dous espazos naturais protexidos integrados na Rede Natura 2000: o Lugar de Interese Comunitario “Costa Ártabra” e a Zona de Especial Protección para as Aves “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”.

Ler máis...
 
Seguimos intentando protexer a Fraga de Menáncaro (Ferrol) PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 20 de Maio do 2007

vocacion_vertical.jpgEste luns, 21 de maio, ás 12 do mediodía, Verdegaia, Comunidade de Menáncaro, SGHN e ADEGA presentarán nun acto público os recursos de reposición anunciados no seu día contra o acordo plenario do pasado 20 de abril. Pleno no que se aprobou o Plan de Sectorización de Menáncaro- Serantes a pesares dos tres informes negativos da Xunta de Galicia. Este proxecto o que busca é a construcción de 70 chaletes e un hotel, sen que importe a destrucción dunha das últimas fragas de Ferrol.

Ler máis...
 
Unha bomba dentro da Ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 de Maio do 2007

gaseiro.jpgAnte a chegada dun buque gaseiro cargado de GNL, a súa entrada na Ría de Ferrol e atraque nas instalacións que está a construír Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca de urxencia a toda a cidadanía a unha nova concentración no peirao de Ferrol, o sábado 12 de maio ás 12.00 h.
Manifesto concentracion 12 maio 2007 galego.doc

Ler máis...
 
Verdegaia respalda as mobilizacións contra a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 de Maio do 2007

gaseiro.jpgDende Verdegaia queremos comunicar a nosa adhesión ás mobilizacións que tanto o Comité Cidadán de Emerxencia como a Confraría de Pescadores de Ferrol están levando a cabo no Peirao de Curuxeiras e na bocana da Ría de Ferrol, dende o pasado domingo, para impedir a entrada do buque gaseiro “Galicia Spirit”. Manifestamos tamén o noso máis absoluto rexeitamento á instalación e posta en funcionamento da planta de gas de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, xa que entendemos supón unha ameaza para a seguridade e a vida das persoas que viven na Ría de Ferrol e no seu contorno, ademais de conlevar un impacto ambiental de consecuencias imprevisíbeis para a riqueza pesqueira e marisqueira polos recheos efectuados e os efluentes que se verterán á ría.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 28 - 36 de 52
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top