Inicio arrow Verdegaia - Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia - Ferrol
En defensa das Fragas do Eume: Roteiro polo Pico Vello PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 04 de May do 2010

picovello.jpgAs entidades Adega, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello (As Pontes). O obxectivo é dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.

Ler máis...
 
Solidariedade cos mariscadores procesados en Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 24 de February do 2010
mani_reganosa.jpgDende Verdegaia queremos amosar o noso apoio e solidariedade cos 14 mariscadores que están a ser xulgados baixo a acusación de desordes públicas. Entendemos lexítimo que os encausados esixisen explicacións ao entón presidente da Autoridade Portuaria, Amable Dopico, ante a prohibición de faenar o 30 de maio de 2007, coincidindo coa chegada do gaseiro Mourad Didouche ás instalacións de REGANOSA. Os mariscadores e colectivos opositores a REGANOSA non somos responsables de desordes públicas, senón que hai que sinalar cara ao mesmo Amable Dopico ou o delegado do goberno Manuel Ameiijeiras, ao facilitaren a posta en funcionamento pola forza dunha instalación ilegal.
Ler máis...
 
Contra o proxecto de actuación en Doniños PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 24 de February do 2010
10.jpgVerdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) rexeitan o edificio de socorrismo e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos (entre outras especies, a dous endemismos exclusivos da costa de A Coruña).
Ler máis...
 
Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 18 de February do 2010
39853.jpgO vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias persoas que se acheguen.
Ler máis...
 
Verdegaia-Ferrol demanda respostas do Concello sobre o aparcadoiro da Praza de Armas PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 03 de February do 2010

aparcadoiro_actual.jpgVerdegaia esixe ao Concello de Ferrol que responda por escrito á alegación presentada no mes de Xullo ao Estudo de Viabilidade sobre a concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado na Praza de Armas, publicado no BOP, xa que ata a data os responsables municipais só informaron a través dos medios de comunicación. Dende Verdegaia, reivindicamos a máxima proteción e salvagarda do barrio histórico da Magdalena como un espazo único, singular e irrepetible, polo que poñemos en cuestión a necesidade e conveniencia do citado aparcadoiro soterrado, tal e como fixemos constar na alegación presentada.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 100
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top