Inicio arrow Verdegaia - Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia insiste en que se paralicen as obras da concentración parcelaria en Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 de Setembro do 2008
parcelaria_sta_comba-ponzos_083.jpgVerdegaia insiste en que se paralicen as obras da concentración parcelaria nos espazos da Rede Natura por carecer da preceptiva Avaliación de Impacto Ambiental. Os feitos xa foron denunciados ante o Servizo de Proteción da Natureza (Seprona) da Garda Civil.
Ler máis...
 
Verdegaia paralisa novamente a construción dunha pista da concentración parcelaria de Covas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 de Setembro do 2008

Verdegaia paralisou de novo a construción dunha pista da concentración parcelaria de Covas por afectar a unha das zonas húmidas que integran a Rede Natura 2000. As obras serán denunciadas perante a Fiscalía de Medio Ambiente, sen descartar a posibilidade de presentar unha queixa perante a Comisión Europea para que retiren os fondos FEOGA cos que se financia a parcelaria.

Ler máis...
 
Pola paralización da parcelaria na parroquia de Covas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 09 de Agosto do 2008

pista-parcelaria.jpgVerdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental. Denuncia que a Xunta incumpriu o seu compromiso de salvagardar tanto as zonas costeiras que integran a Rede Natura como o humidal das Cabazas e reitera a necesidade de que a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios.  

Ler máis...
 
Verdegaia rexeita o dragado de area na enseada de Esteiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 de Xuño do 2008

Verdegaia rexeita o proxecto de dragado de area na Enseada de Esteiro para rexenerar a praia urbana de Cedeira por afectar ao LIC Costa Ártabra. O areal de Vilarrube (LIC Costa Ártabra) tamén se vería afectado pola construción dunha pista de aceso para trasladar os áridos. Por outra banda, a medida adoptada no proxecto para recuperar a area da praia de Cedeira non solucionaría definitivamente o problema de regresión desta, dado que habería que realizar aportes periódicos de area. Debido a que o porto pesqueiro é o principal causante da perda de area na devandita praia, demándase que se modifique o seu dique de abrigo para corrixir a sua incidencia sobre as correntes mariñas. 

Ler máis...
 
Verdegaia exixe de novo a paralización das obras do paseo fluvial no río Sor (Mañón) PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 08 de Xuño do 2008

grixo_de_gran_tama__o.jpgVerdegaia require novamente da Xunta de Galicia a paralización inmediata das obras do paseo fluvial no Rio Sor (Mañón). Ameaza con denunciar os feitos ante a Fiscalía de Medio Ambiente, sen descartar unha acción directa de paralización para evitar maiores danos. O proxecto carece do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental e ameaza a conservación das fragas do Río Sor. Pese á denuncia efectuada recentemente por Verdegaia, constatouse que as obras se reanudaron impunemente. Tanto o Río Sor como as fragas da contorna foron propostos pola Xunta de Galicia para ampliar a Rede Natura. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 55
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top