|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
|
Verdegaia quere manifestar o seu rexeitamento ás obras de construción dun paseo fluvial nas marxes do Rio Sor, denominado “Rota de Sendeirismo Riveira do Vispo – Ambosores”, promovido polo Concello de Mañón e co beneplácito da Xunta de Galicia. Tras visitar a zona afectada, constatamos a apertura dun camiño con maquinaria na beira do rio, de 800 m de lonxitude, efectuándose diversos desmontes e esplanacións do terreo a través do bosque de ribeira, talándose algunhas árbores e afectando incluso ao patrimonio etnográfico da zona.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 26 de Marzo do 2008 |
|
Distintas infraestructuras, instalacións e urbanizacións
ameazan de xeito moi grave a integridade deste espazo natural esquecido, carente dunha
figura de proteción especial de ámbito galego; pois só
está "protexido" polo Plano Xeral de Ordeamento
Municipal de Miño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 26 de Marzo do 2008 |
|
Os días 4, 11, 18 e 25 de abril, celebraránse no Salón de Actos do Vicerreitorado da Universidade de Coruña, no campus de Esteiro, en Ferrol, as Xornadas sobre Agrocombustíbeis. As inscripcións son na Sede da SGHN: R/Mendez núñez, 11 e no correo-e
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. As xornadas están organizadas por: A Xoaniña, Adega, SGHN e Verdegaia e patrocinadas polas consellerías de Medio Rural e Innovación e Industria. Ademáis, darán dereito a un crédito de libre configuración.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 07 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia oponse rotundamente ao traslado da planta de Ence-Elnosa dende Pontevedra a As Pontes por tratarse dunha industria altamente contaminante que ademais xa foi condenada por delito ecolóxico. Considera ademais que este tipo de industrias xa non teñen cabida en Galicia dentro dunha política de desenvolvemento sostible, polo que a única vía posible é o seu peche definitivo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 05 de Febreiro do 2008 |
|
Hoxe recibimos unha moi triste e inesperada noticia. Finou Carmelo Teixeiro, coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.
O Comité Cidadán de Emerxencia e demais asociacións integrantes queremos manifestar o noso máis fondo pesar polo falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as nosas condolencias á familia e amigos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 47 |