|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Tuesday, 16 de November do 2010 |
|
Verdegaia demanda que se eliminen os treitos inutilizados nas obras de
mellora da estrada Covas-Sanxurxo e se repoña o terreo ao seu estado natural.
Tamén solicita que se retiren os postes de formigón apilados en diferentes lugares das marxes da estrada e se eliminen as especies vexetais invasoras que colonizaron o terreo como consecuencia das obras. Denuncian o desplante do Concelleiro Manuel Santiago no día acordado cos ecoloxistas para visitar as obras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Friday, 05 de November do 2010 |
|
Oito meses despois da publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de explotación mineiro en Pico Vello (As Pontes), a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a modificala co obxectivo, segundo afirma este organismo, de “incluir as prescricións necesarias para garantir a correcta avaliación dos efectos da explotación sobre os aspectos plantexados no recurso de reposición presentado ante a Consellería de Economía e Industria”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 13 de October do 2010 |
|
Segundo Francesco Kjellberg, a corrupción é unha quebra das normas legais ou das normas éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público, para proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos ou cidadáns de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas normas conta cun apoio social xeneralizado. Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do estado español: a destrución do territorio e o patrimonio arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Thursday, 07 de October do 2010 |
O Programa Vai de Roteiros 2010/2011 inicia a súa andaina cun roteiro pola Península de Vares que acolle opunto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, marca divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Esta zona está dentro da Rede Natura 2000. O roteiro ten unha lonxitude de 14 km de dificultade media-baixa onde coñeceremos lugares como o Barqueiro, o Facho Maeda ou Faro de Vares
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Tuesday, 15 de June do 2010 |
A Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia denuncian que durante a tarde do domingo 13 de xuño o Parque Natural das Fragas do Eume foi utilizado para facer probas cun coche de rallies contando co permiso do Concello da Capela e sen ter informado nin solicitado autorización á dirección do Parque Natural. Ambas asociacións consideran que se trata dunha agresión á fauna e á flora xa que estamos a falar dun entorno sensible que se pode ver afectado pola afluencia masiva de público ou impactos xerados pola circulación dos vehículos, causando ruídos e posibles vertidos contaminantes, atropelos de fauna, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 10 - 18 de 100 |