Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Novas de Verdegaia-Ferrol
Veciños de Mugardos continúan o peche na Casa do Concello PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
Tuesday, 07 de August do 2007

dscn0087_red.jpgXa pasaron máis de 15 días e os veciños de Mehá continúan pechados na Casa do Concello de Mugardos en sinal de protesta contra a ubicación da Planta de Gas e a súa posta en funcionamento aínda a costa do enorme risco que esto supón para a poboación. Alén disto, este peche pretende chamar a atención dos cidadáns e administracións competentes dependentes do Ministerio de Industria para que non sexa aprobada a acta de explotación comercial  que Reganosa ten a obriga de solicitar. Numerosos colectivos ( culturais, deportivos, ecoloxistas....), artistas, xente anónima, representantes de algún partido politico, etc.....están manifestando a súa solidariedade  e apoio á veciñanza alí congregada. Ti tamén podes sumarte.

Ler máis...
 
Grande participación no roteiro polo Pico Vello (As Pontes) PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
Monday, 16 de July do 2007

fran_canosa_falando_sobre_a_andalucita.jpgVerdegaia valora como un éxito esta primeira actividade reivindicativa, tanto polo número de asistentes, aos que agradecen a súa participación, como pola riqueza das intervencións dos/as expertos/as, e anuncian que continuarán con este tipo de mobilizacións despois do verán. Á marcha acudiron persoas provenientes de toda a xeografía galega (A Coruña, Santiago, Cangas, etc.) e de diversos puntos da comarca ferrolá. En concreto, 50 persoas (e unha cadela) realizaron o percorrido a pé pola fraga de Pico Vello, atendendo á convocatoria realizada por dez asociacións ecoloxistas e cidadás de Ferrol e comarca, entre as que figuraba tamén o Concello da Capela.

Ler máis...
 
Roteiro Pico Vello (As Pontes) PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
Tuesday, 03 de July do 2007

cartelroteiropicovello.jpgO vindeiro domingo 15 de xullo, varias organizacións, entre elas Verdegaia , organizan un roteiro pola Serra do Forgoselo (As Pontes), arredor do pico Fontardión. O obxectivo é dar a coñecer a importancia desta zona que agora vese ameazada polo proxecto dunha explotación mineira de “andalucita” alén de disfrutar da súa beleza e pasar un día agradábel en contacto coa natureza. A saída será ás 10.00h diante do edificio de correos (Ferrol) con paradas en Caranza, Fene e As Neves. O remate está previsto para ás 18.00h , polo que cómpre levar o xantar. O importe é de 2 euros. Inscripcións até o 13 de xuño no local da SGHN (R/ Mendez Núñez 11) ou nos teléfonos: 981 35 28 20 e 649 774 779

Ler máis...
 
Presentadas alegacións contra o proxecto de explotación da mina de andalucita de Goente PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
Monday, 11 de June do 2007

andalucita.jpgVerdegaia, xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural e outros colectivos presentou alegacións contra o proxecto de explotación do xacemento de andalucita de Goente, nas Pontes. Nas alegacións, alén dos impactos ambientais, denuncianse irregularidades e incumprimentos legais en tema de concesións mineiras e de acceso á información ambiental.

Ler máis...
 
E outro campo de golf que se pretende instalar en terreos da Rede Natura 2000 PDF Imprimir Correo-e
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
Friday, 25 de May do 2007

panorama_de_santa_comba_dende_o_aparcamento_pequeno_1.jpgTrala aprobación, esta semana, por parte do concello de Ferrol, dun convenio para a creación dun campo de golf en Santa Comba (Covas), Verdegaia manifesta o seu total rexeitamento a tal pretensión por implicar a ocupación e a degradación de dous espazos naturais protexidos integrados na Rede Natura 2000: o Lugar de Interese Comunitario “Costa Ártabra” e a Zona de Especial Protección para as Aves “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 81 de 100
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top