|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Friday, 16 de November do 2007 |
|
Dende Verdegaia queremos agradecer a asistencia de tódolos/as participantes ao roteiro polo río Sor do pasado domingo. Esperamos que o pasárades tan ben como nosoutros/as e agardamos volver atoparnos en vindeiros roteiros para seguir disfrutando da natureza xuntos/as. Moitas Grazas!!
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 31 de October do 2007 |
|
Verdegaia Ferrol, convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón. Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Thursday, 25 de October do 2007 |
|
Verdegaia expresa o seu respaldo á esixencia da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e doutros colectivos cidadáns de facer efectiva a concesión da sede do Museo da Natureza na chamada "Casa do Coronel" en Canido. Ademais queremos esixir que os criterios para decidir os usos do solo ou dos inmobles non sexan a rendibilidade económica a curto prazo, favorecendo en exclusiva os intereses de empresas privadas e negando á cidadanía espacios públicos, de encontro e de aprendizaxe
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Monday, 15 de October do 2007 |
|
A ría de Cedeira está en trámites de ser declarada Reserva Mariña pola súa riqueza pesqueira e marisqueira. Ademais esta ría contén diversos xacementos arqueolóxicos como acaban de constatar as prospeccións realizadas de xeito preliminar. Mais isto non evita que se vexa ameazada por un proxecto de novo porto deportivo que alteraría e afectaria tanto aos hábitas como aos restos históricos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 10 de October do 2007 |
|
Verdegaia acaba de denunciar ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, unha serie de actuacións presuntamente ilegais que afectan a marisma do río Baxoi. Esta marisma constitúe un importante refuxo de fauna, principalmente de aves. Hai para tódolos "gustos": verquidos, plantacións de eucaliptos, desmontes, construción de muros na ribeira e o impacto paixasístico ao que, desgraciadamente, tan afeitos/as estamos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 64 - 72 de 100 |