|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Venres, 27 de Outubro do 2006 |
|
O observatorio ornitolóxico existente na Lagoa de Doniños (Lugar de Importancia Comunitaria L.I.C. e Important Bird Area I.B.A), atópase nun estado deplorábel. Dende o NC de Verdegaia en Ferrol mandáronse escritos ao concello de Ferrol e a Delegación Provincial da Consellería de M.A. demandando o arranxo e acondicionamento do observatorio co obxecto de que este outono estea en óptimas condicións para o avistamento das aves que frecuentan a lagoa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Martes, 24 de Outubro do 2006 |
|
De sobra é coñecida a capacidade que teñen os eucaliptos para espallarse con facilidade naqueles lugares onde son introducidos e os efectos negativos que iso supón para a flora e fauna autóctonas. Se ademais son introducidos en zonas ambientalmente sensíbeis, a cousa píntase máis negra aínda se cabe. Pois isto é o que acontece no concello de Ferrol. Nas inmediacións do areal de Santa Comba, en Ferrol, fixéronse dúas plantacións de eucaliptos afectando parte dun bosque de ribeira e dunha duna descalcificada da clase CALLUNO-ULICETEA. Estas dúas parcelas están dentro da zona Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño e do L.I.C. Costa Ártabra. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Xoves, 19 de Outubro do 2006 |
|
Dende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman este espazo natural e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Domingo, 15 de Outubro do 2006 |
|
Unha das nosas preocupacións como asociación tamén radica na conservación do patrimonio cultural e patrimonial de Galiza, alén do traballo ecoloxista.
No concello de Narón existe un muíño de vento. Sí , de vento. Tan famosos en Castela e tan esquencidos aquí... Moito menos coñecidos cos de río, debido en parte a súa escaseza, e, nos que cuns axeitados coidados de restauración, recuperarían a beleza de outrora. Para o muíño de vento da parroquia de San Mateo de Trasancos en Narón aínda non é demasiado tarde. |
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Domingo, 15 de Outubro do 2006 |
|
Verdegaia (NC Ferrol) denuncia o verquido de importantes candidades de entullos no Humidal Protexido das Cabazas (Ferrol) ocasionando a degradación puntual do ecosistema. O sitio forma parte do Dominio Público Hidráulico e está calificado como Zona de Conservación e protección de Costas e Praias. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 46 - 54 de 55 |