|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 15 de April do 2009 |
|
O domingo 19 de Abril na Praza Vella de Ferrol (ou no edificio do Mercado Central-Ferrol en caso de chuvia) desenvolverase de 10:00 a 13:30 unha nova edición do Mercadiño de Troco . Este mercadiño de troco ten periodicidade bimensual. Tamén podes acceder ao Mercadiño permanente FerrolTroca no que atoparás trocos, cesións, bancos de tempo . . ..
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Thursday, 12 de February do 2009 |
|
O vindeiro Domingo 15 de Febreiro celébrase en Ferrol un novo mercadillo de troco, o segundo organizado pola recén criada FerrolTroca (Rede de Troco de Ferrol), da que fai parte Verdegaia. O mercadillo é bimensal e celébrase na Praza Vella de 10:00 a 13:30 horas. Trocaranse: Libros, Menaxe de cociña, Artesanía, Audiovisuais, Xogos e xoguetes, Roupa e todas aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 11 de February do 2009 |
|
Ante o verquido
que tivo lugar o pasado 8 de Febreiro no Porto Exterior de Ferrol
debido ás actividades nas instalacións da empresa Entaban
Biocombustibles e que afectou á Ría, os colectivos Sociedade Galega
de Historia Natural, Adega e Verdegaia cualifican como tomadura de
pelo afirmar, tal e como fixeron os responsables da Autoridade
Portuaria de Ferrol, que os 10.000 litros de aceites vexetais e
glicerina vertidos non son contaminantes, xa que cada litro de aceite
ten a capacidade de contaminar entre 1.000 e 1 millón de litros de
auga, dependendo do tipo de aceite. Os colectivos asinantes esiximos
que se expliquen as causas técnicas deste accidente e que o proxecto
de instalación e explotación de Entaban se faga público.
Reclamamos tamén que a Fiscalía de Medio Ambiente sexa contundente
con este tipo de accións, sendo sancionada a empresa e paralizada a
súa actividade de non estar garantida a seguridade ambiental.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Saturday, 07 de February do 2009 |
|
Verdegaia pide que se desestime a autorización de vertido para a Estación Depuradora de Augas Residuais E.D.A.R. en Ponte Baixoi (Miño). Considera a depuradora unha ameaza para a riqueza biolóxica da Marisma de Baixoi, incluídos os bancos marisqueiros existentes na zona, dado que os efluentes verteríanse neste humidal a través do principal río tributario. Reitera a necesidade de trasladar a depuradora a outro lugar máis axeitado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 28 de January do 2009 |
|
Sábado 31, ás 17:30 horas na Praza do Concello de Neda.
O proxecto de enlace entre a AP9 (Neda) e a autoestrada Ferrol-Vilalba (AG-64) carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG-64 (Ferrol-Vilalba) por medio de cando menos estas tres opcións:
- Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
- A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
- A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 45 de 100 |