|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Wednesday, 19 de August do 2009 |
|
Verdegaia-Ferrol presentou, a través do
Rexistro Xeral do Concello o día 14 de agosto de 2009,
alegación ao Estudo de Viabilidade do aparcadoiro soterrado na Praza
de Armas. Pídese a paralización e anulación deste proceso de
contsrución dun aparcadoiro xa que contradí as iniciativas exitosas
doutras cidades ao desviar o tráfico cara a aparcadoiros fóra dos
cascos históricos; tamén contradí as liñas mestras do propio Plan
Especial do Concello de Ferrol e desoe o Plan de Mobilidade. Ínstase
ao goberno municipal a abandonar o proxecto e construír unha verdadeira
praza pública para o goce e desfrute da cidadanía.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Tuesday, 14 de July do 2009 |
A finais do ano 2003 a veciñanza da parroquia de Esmelle en Ferrol
iniciou un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial
a través de multitude de actividades. Unha delas celébrase o próximo
sábado 18: o Encontro Galego-Portugués no que haberá
actuacións folklóricas, un xantar popular, unha feira de artesanía e
tamén, convidados polos veciños, a Rede de Ferrol Troca organizará un
mercadiño de troco e cesión. Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña
-Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que
podan ser de interese para outras persoas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Monday, 29 de June do 2009 |
|
Verdegaia (Núcleo
Comarcal de Ferrol, Eume e Ortegal), en colaboración coa asociación
Roxínroxán, organiza o vindeiro domingo 5 de xullo un roteiro para
coñecer un curruncho esquecido da nosa comarca, a marisma do Río
Baixoi, no concello de Miño. O roteiro consistirá nun
percorrido de aproximadamente nove quilómetros que bordeará toda a
marisma, achegándonos tamén ao lugar de Bañobre, que presenta
interesantísimas mostras de arquitectura civil e relixiosa, algunhas
das cales teremos ocasión de visitar.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Tuesday, 16 de June do 2009 |
O
vindeiro domingo 21 de Xuño (seguindo a súa periodicidade bimensual) celébrase
na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:00
h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas
participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas
para troco ou cesión. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras
persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de
obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas
persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán
deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao
remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que
non fosen trocados ou cedidos, responsabilizándose dos mesmos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Novas de Verdegaia-Ferrol, Eume e Ortegal
|
|
Friday, 22 de May do 2009 |
|
A Fiscalía de Delitos Ambientais da Coruña vén de facer público o decreto de arquivo das denuncias
presentadas por diferentes colectivos en relación ás contaminacións
sufridas polo río Eume no pasado ano, e polo proceso de enchido da
antiga mina das Pontes nunha dilixencia incomprensíbel, contradictoria e absolutamente falta dunha mínima sensibilidade ambiental, o mínimo exisíbel a unha fiscalía con competencias sobre o medio ambiente
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 28 - 36 de 100 |