Inicio
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Contacto
Doa!
Asociate!
Inicio
Ciberacción SOS-Courel
Introduce o teu nome e correo-e e preme en
Enviar
-
Nome e apelidos
Correo-e
Que lle pedimos as Administracións para o Courel? • Que declaren o Courel Parque Natural, que inclúa como mínimo as cuncas enteiras dos ríos Lor-Louzara, Soldón, Selmo e Ferreiriño, e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, hidroeléctricas, .... • Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza. • Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional. • Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros. • Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa. • A mellora da imaxe do Courel e a "seguridade de futuro", multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos. • Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e "a Campa", para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar". Un saúdo
Home
Print
@
Contact
Top