Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Verdegaia demanda que o concello compostelán lidere a mudanza fonda e necesaria do sistema de mobili
Friday, 13 de May do 2011

 Compostela atópase próxima ao colapso circulatorio. Segundo datos recollidos polo propio Concello, o 53% dos desprazamentos no municipio realízanse nalgún dos 53.000 vehículos matriculados nesta cidade de 100.000 habitantes ou por algunha das 100.000 persoas que acceden diariamente á contorna urbana, fundamentalmente desde Ames, Oroso, Brión e Teo. Dita contorna foi construída na súa meirande parte nas décadas de 1960 e 1970, cando as cifras de tráfico eran infinitamente inferiores, polo cal carece da capacidade física —xa non digamos, ambiental— para asumir ese nivel de tráfico.

Ler máis...
 
A Xunta hipoteca a futura xestión de resíduos coa maior incineradora do estado
Wednesday, 11 de May do 2011
A Xunta aposta por queimar 900.000 toneladas de lixo ao ano en Dozón. Amigos da Terra, a Federación Ecoloxista Galega e Greenpeace, consideran que a creación dunha nova planta incineradora en Galicia non é a solución adecuada para a xestión do gran volume de residuos xerados na nosa comunidade, e reclama para Galicia unha aposta clara pola redución, a compostaxe e a descentralización na xestión de residuos, como as mellores solucións para este problema. A Consellería de Industria anunciou que Dozón é o municipio elixido para acoller a nova incineradora, delegando a responsabilidade de decidir a ubicación desta planta nunha empresa, Estela Eólica neste caso, actuando como mero transmisora de intereses empresariais.
Ler máis...
 
Ate sempre Ramón
Tuesday, 10 de May do 2011

cropped-ramon-fernandez-duran.jpgHoxe a mañá recibimos a triste nova da morte de Ramón Fernández Durán, intelectual de referencia do ecoloxismo social e membro de Ecologistas en Acción. Os seus máis de 30 anos de activismo nos movementos sociais e a súa enorme capacidade intelectual convertérono nun referente fundamental para o ecoloxismo social e un mestre para calquera que quixera albiscar a realidade agochada detrás da economía capitalista e a súa responsabilidade na crise ecolóxica global. Dende Verdegaia queremos enviar unha forte aperta a súa familia e amigos e particularmente aos compañeiros e compañeiros de Ecologistas en Acción. Estamos convencidos que o exemplo do seu compromiso e a guía do seu pensamento axudaranos no noso traballo diario a prol dunha sociedade máis sustentábel, xusta e pacífica. Até sempre, Ramón.

 
Roteiro o domingo 15 de maio polas beiras do río Miño no seu paso por Ourense
Tuesday, 10 de May do 2011

Este domingo, 15 de maio, Verdegaia organiza un novo roteiro dentro do seu programa Vai de roteiros. Neste caso, percorreremos a beira esquerda do río Miño ó seu paso pola cidade de Ourense ata a zona de Untes.

Ler máis...
 
Precisase un esforzo serio para correxir o sistema de separación de residuos en Compostela
Monday, 09 de May do 2011

En novembro de 2003, o concello de Compostela optou por se adherir a SOGAMA para a xestión dos RSU (residuos sólidos urbanos) nun pleno en que non se admitiu público e coa porta de Raxoi bloqueada por decenas de policías locais á espera de non se sabe qué. A maioría d@s representantes decidiu meter a capital de Galiza nun sistema xa naquel momento colapsado e fracasado, mais que ofrecía un prezo «político» por un servizo de xestión dos RSU que non se realiza efeitivamente; un prezo que, por certo, ten aumentado cos anos, por non falar das contrapartidas que a Xunta ofreceu ao concello por baixo da mesa.

Ler máis...
 
A crise continúa a reducir as emisións industriais causantes da mudanza climática
Saturday, 07 de May do 2011

centraltermicaendesaaspontes.jpgSegundo os datos divulgados na web da Consellería de Medio Ambiente,as emisións de dióxido de carbono (CO2) dos sectores industriais aos que se lles aplica a Directiva de Comercio de Emisións reducíronse en Galicia nun 17,2% durante 2010 a respecto de 2009. A caída das emisións acumulada desde 2007 é practicamente do 50%. O recorte foi aínda maior no sector  eléctrico, que aínda así é responsable das dúas terceiras partes das emisións totais. A central térmica de carbón de ENDESA nas Pontes emitiu durante 2010 tanto CO2 coma o resto das industrias galegas que participan no comercio europeo de emisións.

Ler máis...
 
Eleccións municipais 2011: a urna da sustentabilidade
Thursday, 05 de May do 2011
O vindeiro 22 de maio celébranse eleccións municipais e, novamente, atopamos unha realidade socio-ambiental moi mellorable a nivel galego e tamén no eido local. Verdegaia quere dar a coñecer algúns aspeitos da realidade ambiental do concello de Santigao de Compostela e para iso, durante estas semanas sacará unha serie de notas de prensa temáticas nas que se analizará o estado de diferentes aspeitos ambientais cunha óptica constructivista.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top