Con motivo da exposición pública do documento de inicio do Plan Galego de Residuos Sólidos urbanos de Galicia, os colectivos ecoloxistas: Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega (Federación na que está incluída Verdegaia) solicitamos unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente co fin de presentarlle e amosar unha serie de propostas dirixidas á consecución dunha mudanza na xestión dos RSU de Galicia e que están integradas nun documento remitido á Consellería o pasado mes de xuño.
A Federación Ecoloxista Galega quere saír ao paso das declaracións do presidente da Xunta sobre a ausencia de impacto ambiental da piscifactoría de Touriñán. A FEG lémbralle a Feixóo que tódalas actuacións sobre o medio ambiente teñen impacto ambiental. Resulta imposible non recoñecer a presenza de impacto ambiental salvo que se queira enganar vilmente aos cidadáns.
Verdegaia
Compostela ven de presentar alegacións ao "Plano
especial de ordenación, protección, mellora ambiental e
acondicionamento das brañas do Sar (PE-3R) de Xuño de 2009 -
Documento de Inicio" promovido
polo Concello de Compostela e en fase de consulta para a Avaliación
Ambiental Estratéxica. Este
plano afecta un espazo que polo de agora, e por desgraza, non
presenta ningún tipo de protección a pesares de ser un espazo de
elevado valor ambiental e paisaxístico dentro da área urbana de
Compostela, e que xa ten sufrido numerosas intervencións moi
criticables desde o punto de vista ambiental (incremento da
superficie construída dentro da bacía, incomunicación provocada
por diferentes infraestruturas lineais, contaminación persistente e
difusa nas augas, etc), dos que en grande medida foi ou é
responsábel o propio concello.
As emisións de Gases de Efecto
Invernadoiro (GEI) en Galicia aumentaron o 23,4% entre 1990 e 2007. Este e
outros datos recóllense no informe"As
emisións de GEI en Galicia (1990-2007)", no que se difunden publicamente por
primeira vez datos sobre as emisións en 2007. As emisións de GEI en Galicia incrementáronse menos que en España peromáisqueno conxunto dos países desenvolvidos. As
centrais térmicas de carbón achegaron o 39,5% das emisións en 2007. O
transporte é o sector onde máis aumentaron as emisións desde 1990.
A confederación estatal Ecologistas en Acción, perante a presentación do Proxecto Piloto de Mobilidade Eléctrica
Movele, discrepa dos datos de aforro enerxético facilitados poloMinistro de Industria. Do mesmo xeito, pon
en dúbida que a solución aos nosos problemas de mobilidade veña do lado do
coche eléctrico. Máis ben ao contrario.
A iniciativa de
Verdegaia, Amigos da Terra e Greenpeace, vén de se constituír a Alianza Galega
polo Clima, unha alianza aberta de organizacións sociais que nace co obxectivo
de fortalecer a resposta social ao desafío da mudanza climática. A Alianza acha que Galicia é parte da crise climática global e que debe asumir a súa
responsabilidade na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro,
apostando por unha economía baixa en carbono que sexa sustentable e xusta.
Podes ler a declaración de principios e intencións no blog da Alianza Galega polo Clima.
Comeza o curso e
retomamos o programa de obradoiros de "Cociña responsable-mente".
Este mes realizaremos o nº3, doces e merendas, no que
elaboraremos receitas con doces alternativos ( xiropes,
melazas, estevia,...) ao azucre habitual, por toda a súa problemática de
cultivo, produción e saúde. Tamén realizaremos patés e pastas con
materias máis próximas e de tempada (algarroba, mazás,...). O obradoiro realizarase o venres 18 de setembro, de 19'30h a 21'00h no local da Troita Armada, rúa do pombal 18. Podedes anotarvos en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
ou chamando ao 676029049 (Sabela). Hai límite de prazas, así que pedimos a familias e/ou parellas que se anoten
un só, e que vos anotedes se realmente podedes vir. Queremos
darvos as grazas pola vosa participación e informarvos de que podedes
consultar nesta páxina algúns dos contidos .