|
Monday, 31 de December do 2007 |
|
Xa podes ler o número 3 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade.
Inclúe artigos sobre transporte e
cambio climático, infravaloración dos custos do transporte, produción
eléctrica e cambio climático, o espazo da Rede Natura 2000 Serra de
Careón, o ecoloxismo como ideoloxía, a participación desde o movemento
ecoloxista e o antiambientalismo no agronegocio brasileiro. Tamén contén unha
entrevista con Margarida Silva, portavoz da Plataforma portuguesa
"Transgénicos fora" e a opinión dos profesores Federico Martín Palmero e María
Xosé Vázquez sobre os desafíos da sustentabilidade en Galicia. Ademais de
reseñas de publicacións.
|
|
|
Thursday, 27 de December do 2007 |
 O lixo (a cantidade que xeramos, os tipos, se o separamos correctamente ou non...) é un bon indicador da (in)sustentabilidade do noso modo de vida. Xeramos lixo todos os días do ano, cada vez en maiores cantidades, pero hai datas nas que o noso modo de vida devorador, xerador de destrución ambiental e inxustiza social, chega ás súas maiores cotas. Nestas festas, en datas como Noiteboa, Nadal, Fin de Ano ou Reis o desbaldimento de enerxía e materias primas semella ser o centro da celebración, todo é un exceso: luz, ruído, comida, bebida, agasallos, envalaxes...
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 21 de December do 2007 |
|
Segundo Ecologistas en Acción, o acordo ao que se chegou en Bali deixa demasiadas portas abertas a contidos insuficientes e inxustos de cara a substituír o Protocolo de Quioto a partir de 2012. Os países en desenvolvemento demostraron que o principio da "responsabilidade partillada pero diferenciada" para afrontar o desafío das alteracións climáticas é asumido por éstes cun maior grao de conciencia que os países industrializados.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 21 de December do 2007 |
|
Como é ben coñecido, o río Sil está máis que cheo de centrais e minicentrais. Unha delas é Santo Estevo, que está en plena Ribeira Sacra ourensá. Como tamén é sabido, Iberdrola ultimamente está moi empeñada en facer novas explotacións hidroeléctricas por toda esta zona (só hai que lembrar a que quería facer en Caxide, Parada de Sil). O 30 de novembro saíu publicada no BOP de Ourense a solicitude desta empresa para facer unha nova central independente pero interrelacionada con Santo Estevo, chamada consecuentemente Santo Estevo II. Como a outra, estaría no concello de Nogueira de Ramuín, aproximadamente a oito quilómetros máis abaixo da desembocadura do Sil no río Miño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 21 de December do 2007 |
|
Descarga o tríptico
Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 19 de December do 2007 |
|
A asociación Coto do Frade e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) organizan unhas xornadas sobre a xestión de residuos en Galicia e na comarca do Ribeiro que decorrerán os días 21 e 22 de decembro no Centro Comarcal de Ribadavia. As xornadas teñen lugar no momento en que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta está a reformular o modelo de xestión de residuos e preséntanse como unha oportunidade para analisar criticamente a xestión actual dos residuos e para achegar experiencias positivas neste eido. Máis información sobre as xornadas na web da FEG.
|
|
|
Tuesday, 18 de December do 2007 |
|
O Núcleo Comarcal de Verdegaia en Vigo organiza o vindeiro domingo día 23 un roteiro polo Esteiro do Miño. A saída realizarase en autobús de liña ás 9:50 h. da estación de autobuses de Vigo, para comezar a camiñar sobre as 11:30 h. na parroquia de Salcidos (A Guarda). A volta a Vigo está estimada sobre as 20:00 h.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seg. > Remate >>
|