|
Wednesday, 29 de June do 2011 |
|
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades, desta volta colaborando con Biodiversidad Virtual e o biólogo Xosé López Goldar na realización dun Testing Fotográfico de Biodiversidade que terá lugar o vindeiro día 3-7-11 pola parte máis septentrional da Serra do Galiñeiro e que comezará a partires das 14 h no merendeiro de Vincios. Para participar na actividade é imprescindible a inscripción previa escribindo un correo a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 24 de June do 2011 |
|
Ecoterroristas, ecoloxistas “radicais” e cualificativos semellantes flúen estes días nos titulares de distintos medios de comunicación nunha cerimonia de confusión e terxiversación realmente lamentábel, construíndo un discurso parcial, falso e manipulado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 22 de June do 2011 |
|
A rede
de colectivos GNSV, integrada por diversas organizacións e
federacións do todo o País entre as que está Verdegaia, tramita unha queixa ante o Valedor do
Pobo alertando do proceso de elaboración do borrador da lei de
montes de Galicia pola administración galega.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 20 de June do 2011 |
Con motivo do Día do Sol (21 de xuño), Verdegaia denuncia o enorme atraso no desenvolvemento da enerxía solar fotovoltaica en Galicia. A ínfima produción galega de electricidade fotovoltaica non se explica pola falta de recurso senón pola insuficiencia das políticas de fomento. A solar fotovoltaica tan só achega o 0,06 % da xeración eléctrica do país (2009, último ano para o que hai información). Verdegaia reclama un forte impulso á fotovoltaica, unha enerxía renovable, autóctona, segura, de baixo impacto ambiental, intensiva en emprego, cada vez máis barata e democratizadora da produción eléctrica.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 13 de June do 2011 |
|
O vindeiro fin de semán (días 18 e 19 de xuño) terá lugar o
derradeiro roteiro da tempada 2010-2011 do programa Vai de Roteiros! de
Verdegaia cun roteiro-acampada na Illa de Ons. O programa desta actividade é
moi variado e abrangue roteiros por diferentes paraxes da Illa, debates,
actividades acuáticas,... O cronograma da actividade é o seguinte: Sábado á
mañá: chegada á Illa e montaxe de tendas de campaña. Sábado á tarde: roteiro
pola parte S da Illa e debate sobre a xestión de espazos naturais protexidos.
Sábado á noite: cea de confraternización e visita ó Curro (pobo). Domingo á
mañá: roteiro pola parte N da Illa e actividade subacuática de interpretación
do medio submariño na praia de Melide. Domingo á tarde: recollida de tendas e
clausura da actividade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 09 de June do 2011 |
Ence tense gañado a pulso un posto de honra no podio dos desastres socioambientais da Galiza. En primeiro lugar, polo seu impacto directo: É a industria responsable da contaminación por mercurio (o máis velenoso dos metais pesados) na Ría de Pontevedra, destruíndo o ecosistema e privándonos dunhas excelentes zonas de marisqueo e baño.
Ence é tamén é promotora e responsable da eucaliptización do país: As ubicuas plantacións de eucalipto que poboan a Galiza ( aproximadamente 40% da superficie forestal)1 non terían senso sen esta industria.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 07 de June do 2011 |
O vindeiro xoves 9 de xuño a partires das 20h30no CSA Cova dos Ratos o Espazo Aberto Antimilitar do que forma parte Verdegaia convídavos a asistir á charla-presentación da Plataforma pola
Protección da Serra do Galiñeiro ( www.serradogalinheiro.org); os seus obxectivos, actividade e ameazas inmediatas ás que se enfronta a Serra, a cargo dun dos seus membros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|