|
Friday, 23 de May do 2008 |
|
A asociación ecoloxista Verdegaia vén de solicitar, mediante a presentación dun escrito dirixido á concelleira de Medio Ambiente do Concello de Vigo, que se estableza un cupo máximo de cincuenta persoas por roteiro dentro do programa municipal de roteiros “Camiño a camiño”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 23 de May do 2008 |
|
Entre os vindeiros días 2 e 5 de Xuño celebrarase en Roma a Conferencia
da FAO sobre Alimentación e Mudanzas Climáticas. Organizacións sociais
integrantes do IPC
(Comité Internacional de Planeamento para a Soberanía Alimentar) veñen
de facer pública unha declaración e chamada á acción co gallo desta
cimeira que pode ser asinada por aquí por redes e organizacións. O IPC está a organizar, ademais, o Foro Terra Preta, paralelo á Cimeira de Roma.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 22 de May do 2008 |
|
Verdegaia considera que se está a xenerar unha polémica innecesaria en torno á posible ubicación futura da planta de produción de celulosa de Ence-Elnosa. Consideramos que, se esta industria é altamente contaminante, a solución máis acorde co desenvolvemento sostible pasa polo seu peche definitivo e por novas políticas consensuadas sobre a produción e o uso do papel, onde teñan cabida a redución do consumo e o fomento do uso de papel reciclado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 20 de May do 2008 |
|
Verdegaia
demanda que as obras de ampliación da estrada Covas-San Xurxo
(Ferrol) sexan escrupulosamente respetuosas cos valores naturais da
zona afectada e require
da Deputación Provincial que se teñan en conta unha
serie de criterios ambientais á hora de executar as obras co
obxecto de integrar a estrada no contorno e salvagardar as
comunidades vexetais e os hábitats de interese.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 20 de May do 2008 |
|
“O próximo día 17 de Maio celebrarase unha
Ruta de Turismo en 4x4 que transcorrirá polo concello de Nogueira de Ramuín.
Trátase dunha travesía para vehículos todo-terreo non competitiva de carácter
lúdico-turístico no máis estricto respeto á natureza e cara aos demais usuarios
dos nosos montes.” Este é o anuncio tirado da páxina web do
Concello de Nogueira de Ramuín no que se anunciaba a I Ruta de Turismo 4x4.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 19 de May do 2008 |
|
A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE,
composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo
o perímetro da ría viguesa, e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA
NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta
manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e
cultural da Ría de Vigo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 16 de May do 2008 |
|
O vertedoiro ilegal das Nogais, preto do cumio do monte Lago Seco, lindante co Lugar de Interese Comunitario (LIC) Os Ancares-Courel e futuro parque natural, segue aberto e recibindo o lixo deste concello a pesares das reiteradas denuncias perante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, á Consellería de Medio Ambiente e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seg. > Remate >>
|