|
Thursday, 05 de June do 2008 |
|
Verdegaia
solidarízase e convida á cidadania a apoiar o peche que membros
do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol inciarion o dia 3
de Xuño na Casa do Concello de Ferrol; o CCE demanda que a
Corporación municipal se posicione en contra da Planta de Gas e na
defensa da Ría e da vida dos seus habitantes. De igual modo, Verdegaia
chama a participar na manifestación convocada para Domingo 8 de Xuño
ás 12:00 h. no peirao de Curuxeiras de Ferrol para expresar
publicamente a oposición ás novas ameazas de Reganosa como a voadura da
canle de entrada da Ría, a ampliación da capacidade de regasificación e
o transporte de GNL en camións cisterna.
|
|
|
Wednesday, 04 de June do 2008 |
|
Verdegaia
denuncia que as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama emitiron en
2007 tanto dióxido de carbono (CO2) como 660.156 familias españolas con hábitos enerxéticos
insustentables. En 2008, a ONU dedica o Día do Ambiente (5 de xuño), a chamar a atención sobre a necesidade dunha economía baixa en
carbono. En Galicia, iso pasa hoxe sobre todo por reducir drasticamente a
produción eléctrica con carbón. Porén, a Xunta segue sen facer nada neste senso.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 03 de June do 2008 |
|
A dirixente labrega Gilda Roa, coa colaboración da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza integrada por Amarante, Sindicato Labrego
Galego,
Verdegaia e Veterinarios Sen Fronteiras), estará en Galiza do 4 ao 6 de Xuño informando sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, que teñen como destino a exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial. Gilda Roa estará acompañada pola investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 02 de June do 2008 |
|
O mércores 4 de xuño ás 20:30 h. proxectarase o derradeiro filme do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense. Coma sempre, a proxección terá lugar no local de Verdegaia e Amarante e a entrada é gratuíta. Desta vez toca falar de canteiras co filme "As Encrobas. A ceo aberto" de Xosé Bocixa.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sunday, 01 de June do 2008 |
|
Sábado 31 de Maio celebrouse a asemblea constituínte do Núcleo Comarcal de Verdegaia na Coruña. Con este, son cinco os Núcleos Comarcais de Verdegaia, aos que hai que engadir, ademais, a designación ―na Comisión Coordenadora Xeral de 24 de Maio― dunha representante local en Ribeira.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Saturday, 31 de May do 2008 |
|
Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel a protección da Cova do Eixe, situada no municipio lucense de Seoane do Courel, en plena Serra do Courel.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Saturday, 31 de May do 2008 |
|
A asociación ecoloxista Verdegaia vén de denunciar ante a Delegación provincial de Pontevedra da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o verquido ilegal de perto de cen camións cargados con entullo -que provén das obras que se están a realizar para a construcción da vía do AVE- no Monte da Caritaina, lugar do Rañadoiro, na parroquia pontevedresa de Pontesampaio.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seg. > Remate >>
|