|
Monday, 28 de July do 2008 |
|
Seguindo co acompañamento realizado ao barco de Ecologistas en Acción "Diosa Maat", na súa visita á costa galega, o 26 de Xullo membros de Verdegaia percorreron no barco o traxecto entre Ribeira e Corrubedo, onde a Comisión Coordenadora Xeral de Verdegaia recibiu ao barco, xunto coa Plataforma Ambiental de Corrubedo e Altofalante, acto enmarcado na campaña de presentación do Informe Bandeiras Negras. O domingo, con motivo da Festa do Percebe en Aguiño, a
asociación Sagres -agrupación veciñal nacida para facer fronte á macrodepuradora en Aguiño- convidounos a poñer unha mesa
informativa. Alí estivemos, compartindo con eles o espazo e o tempo,
e apoiando a súa oposición ao proxecto de depuradora en Penisqueira.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Thursday, 24 de July do 2008 |
|
Os colectivos Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, e mais as redes A Ría Non se Vende e Galicia Non Se Vende, informaron onte en Vigo do outorgamento dun total de 26 bandeiras negras no
litoral galego, co obxectivo de faceren visibles os principais problemas
de destrución destas zonas. Tamén fixaron 8 puntos negros en lugares
onde os problemas que provocan a destrución destes enclaves naturais
"aínda non callaron de todo".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 22 de July do 2008 |
|
Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, Jóvenes Verdes e WWF/Adena veñen de lanzar unha campaña online de recolla de sinaturas. O seu obxectivo é solicitar aos representantes españois no Parlamento Europeo e mais aos Ministros de Industria e de Medio Ambiente que apoien unha norma comunitaria ambiciosa e eficaz para baixar os fumes aos fabricantes de coches. Comezando a encarar seriamente o problema das emisións de CO2 procedentes do transporte.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 21 de July do 2008 |
|
Preocupadas pola crise alimentaria, climática, financeira e enerxética, así como polos seus efectos devastadores, varias plataformas, redes e organizacións do Estado español, entre elas Verdegaia, solicitaron ao Goberno español que NON dea o seu visto bon á conclusión da Rolda de Doha da Organización Mundial de Comercio (OMC), previsto para esta semana.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Saturday, 19 de July do 2008 |
|
Coa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 16 de July do 2008 |
|
Aínda que paralelamente presentou un documento moito máis elaborado, a Xunta vén de comezar o procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) sometendo a consulta pública un pequeno documento de inicio do Plano Galego de Acción fronte ao Cambio Climático. Aínda que o documento de inicio non define obxectivos de redución de emisións, polo que xa se coñece publicamente, a Xunta renuncia a diminuír as emisións de GEI no período 2008-2012 a respecto da situación actual. Verdegaia tamén está a participar na AAE de dous planos moi relacionados coa loita contra a mudanza climática: o Plano Enerxético e o Plano Eólico.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 11 de July do 2008 |
|
Verdegaia denuncia que foi desecada a barreira do Cerquido no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. A pesar de estar incluída no Catálogo de Zonas Húmidas da Consellería do Ambiente e de ser o hábitat do sapoconcho clasificado en perigo de extinción.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seg. > Remate >>
|