|
Luns, 30 de Novembro do 2009 |
|
O pasado domingo 22 de Novembro, a pesar dunhas condicións climatolóxicas adversas, 13 valentes membros do núcleo comarcal de Verdegaia-Pontevedra subiron á serra do Cando para colocar caixas niño que servirán de refuxio a distintas especies de aves, morcegos e quizais algún outro vertebrado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 30 de Novembro do 2009 |
|
O pasado xoves 19 de novembro, o núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra organizou unha tertulia sobre dereitos dos animais e convidou aos membros do colectivo "Os Palleiros ", actuais xestores desinteresados da canceira de Pontevedra. Unhas 20 persoas participaron nun diálogo que durou case dúas horas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 29 de Novembro do 2009 |
|
A Rede Galiza Non Se Vende, da que Verdegaia fai parte, manifesta, unha vez máis,
o seu máis profundo rexeitamento ao Plan Acuícola Galego que nos tenta
impoñer a Xunta co consentimento do propio Ministerio de Medio
Ambiente, Rural e Mariño, e a calquera Plan que, como este, non
respecte a costa virxe, praias, zonas húmidas, cantís, etc.; nin os
espazos naturais protexidos ou bens culturais; nin as nosas mellores
paisaxes, nin a franxa costeira dos 500m cando existe tecnoloxía
dabondo para instalarse fóra dela.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 26 de Novembro do 2009 |
|
Ante
a constante avalancha de noticias sobre ataques de lobo ao gando e a
afección que estes
feitos supoñen para a economía gandeira en Galicia, a Asociación
para a Conservación e Estudo do Lobo (ASCEL) e Verdegaia queren
realizar as súas achegas
baseadas
en datos reais e obxectivos,
afastados do alarmismo e da
polémica.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 25 de Novembro do 2009 |
|
Verdegaia vén de denunciar ante Augas de Galicia un verquido ilegal de entullo de obra conformado por restos de ladrilllos, persianas… a un pequeno curso de auga no amial da Carrasqueira dentro do espazo natural da Xunqueria do Lagares, Coruxo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 23 de Novembro do 2009 |
|
O pasado domingo, o NC de Vigo,
voltou organizar un roteiro dentro do programa "Vai de roteiros" de
Verdegaia. Nesta ocasión oito persoas visitaron o LIC das Gándaras de
Budiño e Ribeiras do Louro, descubrindo os seus valores naturais, a súa
historia e as desfeitas ambientais que se suceden por todo o LIC. Unha
esperiencia inesquecíbel.
|
|
|
Domingo, 22 de Novembro do 2009 |
|
As especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de
biodiversidade no planeta. A súa aparición nos nosos ecosistemas moitas
veces pasa desapercibida para a maior parte da poboación, pese a
supoñer un gravísimo problema medio-ambiental. Na tertulia deste
mes falaremos un pouco delas, coñeceremos ás máis perigosas e abondosas
e veremos algunha experiencia que se está a levar a cabo no noso país
para o seu control. Non faltedes!
Lembra que a tertulia das especies invasoras é este martes, no local da Escola Popular Galega Vigo (Rua Real 12), ás 20:30.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|