Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
O maltrato animal non pode ser un pasatempo estival
Friday, 26 de August do 2011
p1010234.jpgA especie humana maltrata a miúdo as demais especies animais e utilízaas como se fosen obxectos: matándoas como entretemento, encerrándoas polo simple pracer de as observar, someténdoas a experimentos dolorosos moitas veces por motivos triviais, torturándoas publicamente e de forma institucionalizada, arrincándollela pel para vestir a súa vaidade, abandonando animais domésticos, etc. Os animais non-humanos son seres vivos con necesidades, sentimentos e capacidade de sufrimento, non obxectos para o noso uso e divertimento.
Ler máis...
 
Publicado o número dez da revista Cos Pés na Terra
Wednesday, 24 de August do 2011

Vén de se publicar o número dez da revista Cos Pés na Terra, unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe unha entrevista con Andrew Dobson, un dos máis destacados investigadores do pensamento político verde,  e artigos verbo dos campionatos de caza do raposo, o consumo de auga en Galicia e o novo canon da auga, a pegada ecolóxica global e a achega  da agricultura  á mudanza climática. O editorial defende a necesidade e a viabilidade de prescindir das nucleares e das térmicas de carbón. Os libros reseñados neste número son "La quiebra del capitalismo global" e "Antropoceno", ambos os dous de Ramón Fernández Durán.

 


 
Verdegaia e Ascel denuncian de novo as batidas de lobos na Barbanza
Sunday, 21 de August do 2011
As últimas batidas concedidas pola Administración na Serra do Barbanza (A Coruña) cobráronse a vida de, cando menos, dous lobos en plena época de cría. Por outra parte, diversos colaboradores subministráronlle a ASCEL información contrastada que sinala a morte ilegal de, cando menos, outro lobo (un exemplar novo e entre 6 ou 7 cánidos indeterminados máis).
Ler máis...
 
O anteproxecto do novo emisario na Ría de Vigo: Seguimos camiño do desastre.
Tuesday, 16 de August do 2011
Desde a Comisión Veciñal de afectados pola Depuradora do Lagares e a Asociación Ecoloxista Verdegaia denunciamos o continuo, intolerable e indigno gasto de diñeiro público (máis de 240.000.000€- case 40.000 millóns das antigas pesetas-) e o desleixo da adminisitración a hora de enfrontar a problemática do saneamento na Ría de Vigo.
Ler máis...
 
Verdegaia apresentou alegacións ao Borrador do Catálogo Español deEspecies Exóticas Invasoras
Friday, 12 de August do 2011
Verdegaia apresentou alegacións en plazo e forma ao Borrador do Real Decreto que desenrola o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras perante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, no que entre outras solicita a eliminación do Listado de Especies Exóticas con Pontencial Invasor, documento que non está recollido na normativa de referencia e que semella ocultar escuras intencións por parte do Ministerio
Ler máis...
 
Plan Director da Rede Natura; tarde, mal e ...
Wednesday, 10 de August do 2011
Verdegaia apresentou alegacións en plazo e forma ó Plano Director da Rede Natura 2000 (P.D.R.N. 2000) perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia. Ó entender da nosa asociación, o P.D.R.N. 2000 é un documento que chega con retraso, sen apenas tempo para poder consultar os milleiros de páxinas que o conforman, sacado a exposición pública no verán, despois de terse aprobado outros documentos que condiocionan a este Plano, sen ampliar a Rede Natura 2000 en Galicia até as porcentaxes do resto do Estado Español polo que solicitamos a inclusión de novos espazos e cunha idea moi negativa do que é un espazo protexido da Rede Natura 2000 ó permitirse case que todo tipo de usos contrarios á conservación dos numerosos e valiosos valores naturais que albergan.
Ler máis...
 
A contaminación na ría de Vigo. Un problema de ineptitude e intereses económicos
Monday, 08 de August do 2011
Galiza está a sofrer unha paulatina degradación no seu entorno costeiro provocando un grave impacto  no delicado equilibrio ecolóxico das rías. Ao longo da costa vemos como cada vez máis se extende a destrucción: recheos, portos deportivos, paseos marítimos, piscifactorías, zonas residenciais, ao tempo que a contaminación no mar se vai incrementando de xeito exponencial a consecuencia de verquidos de todo tipo. O resultado é a desnaturalización e posterior destrucción do litoral. A paisaxe litoral transfórmase afectando á conservación da biodiversidade mariña e acelerando os procesos de desnaturalización. O territorio costeiro contamínase moi por riba da capacidade que ten de carga e o resultado é que cada vez temos máis lonxe a preservación dun dos nosos principais recursos naturais, a Ría.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top