Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Vigo sae á rúa en bicicleta!
Monday, 26 de September do 2011

masa_critica_vigo_3_3.jpgVigo tivo que esperar ao domingo para ter un acto digno da Semana Europea da Mobilidade que, impulsada pola Comisión Europea, se celebrou durante toda esta semana.

Entre 900 e 1000 bicicletas ocuparon as principais vías da cidade demostrando que a veciñanza de Vigo quere, ao igual que moitas outras cidades, gozar de espazos e infraestruturas que permitan a utilización da bicicleta a diario.

Ler máis...
 
Apoiamos as mobilizacións en defensa da escola pública
Monday, 26 de September do 2011
Se hai algo que ten un valor imprescindíbel para unha sociedade é a súa capacidade de construír colectivamente o seu futuro a través de iniciativas accesíbeis, universais, solidarias e transversais. A sanidade, a atención social, a educación ou a cultura son piares básicos dese espazo colectivo. Mais coa escusa da “crise” asistimos e padecemos unha ofensiva devastadora co obxectivo de furtar esa construción colectiva froito de loitas, sacrificios e desvelos das xeracións pasadas para dilapidala en mans privadas. Ofensiva que vai medrando en intensidade e que vai deixando graves danos colaterais no seu proceso de desmantelamento do público.
Ler máis...
 
As probas de resistencia nas nucleares españolas non foron nada esixentes
Monday, 26 de September do 2011

cn_espaola.jpgPara Ecoloxistas en Acción, a avaliación preliminar do CSN dos resultados das probas de resistencia das centrais nucleares españolas non bota sorpresas e peca unha vez máis de falta de esixencia, como xa o fixeron as probas en si mesmas. Entre estas non se contemplan accións humanas externas como iniciadoras do accidente e ignórase a acción de varios sucesos simultáneos. No informe o CSN reclama a instalación dalgúns sistemas novos para evitar o venteo de substancias radiactivas.

Ler máis...
 
Verdegaia rexeita o novo proxecto hidroeléctrico de Iberdrola no Canón do Sil
Monday, 26 de September do 2011

canon_sil_web.jpgVerdegaia vén de presentar alegacións contrarias ao proxecto de explotación hidroeléctrica de Santa Cristina promovido por Iberdrola, pois entende que causaríalle danos ambientais inasumibles a un dos espazos naturais de maior interese da Península Ibérica. Con este proxecto, Iberdrola pretende tirar maior proveito da súa xa abusiva explotación do Sil, contribuíndo ao tempo a tentar compatibilizar dúas fontes de produción cada vez máis en conflito e nas que ten fortes intereses: a eólica, non almacenable, e a nuclear, inflexible (as nucleares non se poden apagar e acender como as centrais de ciclo combinado).   A Xunta debe oporse a este proxecto e a Confederación Miño-Sil denegalo.

 

Ler máis...
 
Martes 27 de setembro: Tertulia de Verdegaia-Vigo sobre "O Plan director de Acuicultura"
Saturday, 24 de September do 2011

O vindeiro martes 27 de setembro dende Verdegaia Vigo, convidámosvos a asistir/participar na Tertulia sobre o PDA (Plan Director de Acuicultura).

Ler máis...
 
22 setembro Día sen Coches. Avalancha ciclista en Compostela
Wednesday, 21 de September do 2011
cartaz_avalancha_ciclista.jpg“Por unha mobilidade para tod@s” é o lema da avalancha ciclista que se celebraremos este xoves 22 de setembro, Día Europeo sen Coches, as 20:30 con saída desde a Praza Roxa, Compostela
Ler máis...
 
Precisamos unha mudanza radical na nosa mobilidade
Wednesday, 21 de September do 2011
im001063.jpgA caótica situación do tráfico nas nosas cidades e vilas reflicte a total ausencia de iniciativa por parte das distintas administracións para afrontar dun xeito decidido unha mudanza dos nosos hábitos de transporte, mudanza imprescindíbel para paliar as severas consecuencias ambientais, económicas, sociais e sanitarias do actual modelo de transporte, tanto urbano como interurbano.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top