A Xunta de Galiza ven de se agregar a este espectáculo de feira
das vaidades orquestado polo Concello de Santiago apoiando como
“imprescindíbel” o proxecto do Teleférico ao Monte Gaiás.
Cando aínda non se sabe que facer coa Cidade da Cultura, queren
instalar un teleférico para unir a estación do AVE coa Cidade da
Cultura e o casco vello, cun desnivel de 50 m en apenas mil metros
que suman os dous tramos, para unha cidade que non chega a 100.000
habitantes. E queren comparalo co teleférico de Quito que ten un
desnivel de 1000 m nun percorrido de 2500 m nunha cidade de máis de 2
millóns de habitantes e 3 millóns máis no seu distrito
metropolitano.
Comeza un novo ano e voltan os roteiros do núcleo comarcal de Pontevedra. Este ano pretendemos enfocar a nosa estancia no campo a coñecer e aprender máis sobre a fauna e a flora que nos rodea; non desexamos que un roteiro se convirta nun simple paseo polo medio natural. Polo tanto, cada roteiro irá dirixido á coñecer máis sobre unha especie o un grupo de especies en concreto. A exitosa experiencia pola senda na memoria do lobo rematada cunha ponencia sobre a conservación da especie á que asistiron case 40 persoas nos deixou bo sabor de boca e nos animou a seguir nesa dirección.
Verdegaia quere manifestar a súa
máis rotunda oposición á política de repoboacións que está a levar a cabo Medio
Rural en espazos protexidos da Rede Natura 2000. A plantación de piñeiros no
Courel, a última das actuacións desta Consellería polo de agora, pon de
manifesto a nefasta política ambiental dunha Xunta de Galicia incapaz de xestionar
axeitadamente os lugares máis valiosos da nosa xeografía.
Comeza o ano e chega a primeira cita co programa Vai de Roteiros! de Verdegaia. Desta vez iremos acompañando o río Arnoia na provincia de Ourense, el cara a baixo e nós cara a riba. Pasaremos polos Concellos de Allariz e da Merca.
Verdegaia e VAL-Amigos do Medio Ambiente veñen de apresentar perto de medio milleiro de sinaturas na Confederación Hidrográfica Miño-Sil esixindo a protección do LIC as Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro mediante o estrito cumprimento da lexislación vixente, a inmediata posta en funcionamento da EDAR de Guillarei (Tui), a recuperación da superficie incluída na Rede Natura ate un mínimo de 872 hectares, a licitación do Proxecto de restauración, conservación e uso público deste espazo natural aprobado en 2007 polo Ministerio de Medio Ambiente e o equipamento e apertura do Centro de Interpretación da Natureza de Orbenlle.
Verdegaia denuncia
a celebración dunha batida de caza de porco bravo (Sus scrofa) nas areeiras de Sandiás, nunha zona declarada Refuxio
de Fauna segundo contempla a ordeanual pola que se determinan as épocas hábiles
de caza durante a tempada 2009-2010,amais de estar incluída na Zona Periférica de Protección (ZPP) da ZEPA
"A Limia", declarada o pasado outono pola Consellaría de Medio Rural segundo o Decreto
411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara zona de especial protección
para as aves. A batida é a primeira medida que a administración vén de tomar no espazo protexido.
O pasado sábado 26 de decembro, un mes máis, as asociacións que formamos Vigotroca acudimos á nosa cita con todos os troqueiros de Vigo no barrio do Calvario. Levabamos dous meses con certas dificultades provocadas polo mal tempo: en outubro tivemos que celebrar o mercadiño no Centro Social A Cultural por causa da choiva e en novembro, aínda que as previsións eran malas, arriscámonos... e tivemos que saír correndo cando as nubes (evidentemente aliadas coa máis dura economía de mercado, todo hai que dicilo), deixaron caer ata a última pinga da súa filosofía consumista sobre as nosas cabezas.