Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
incineracion
Verdegaia demanda a paralización inmediata das obras da senda litoral Costa Ártabra.
Monday, 17 de October do 2011
Ademáis do seu impacto ambiental, o proxecto non se someteu ao preceptivo trámite de información pública. En relación ao proxecto denominado “Senda Litoral Costa Ártabra, Tramo: Sta. Comba-Campelo”, nos concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño, Verdegaia vén de constatar o inicio das obras sen o cumprimento de todos os trámites legais pertinentes como o sometimento a información pública tanto do proxecto constructivo como do Estudo de Impacto Ambiental correspondente, lembrando que a zona afectada está integrada na Rede Natura 2000 como L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño.
 
Ler máis...
 
Verdegaia apresenta a cuarta edición do seu programa “Vai de roteiros!”
Wednesday, 12 de October do 2011
cartaz-solo-mundo-web.jpg

O domingo 16 realizarase o primeiro roteiro, desta volta polo río Fondón

Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc. Co dobre obxectivo de coñecer o noso territorio e denunciar moitas das desfeitas que están a degradalo, Verdegaia pon en marcha unha nova edición, a cuarta, do seu programa “Vai de roteiros!”.
Ler máis...
 
As emisións de gases de invernadoiro volveron baixar en 2009 e achéganse ás de 1990
Tuesday, 11 de October do 2011

Segundo os datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia diminuíron o 7% en 2009 a respecto de 2008. Este descenso, sumado ao do ano anterior, situou as emisións de gases causantes do cambio climático en níveis similares aos de 1990. A caída das emisións desde 2007 explícase, en parte pola crise económica, en parte pola redución do uso do carbón na produción eléctrica. Este e outros datos recóllense no informe de Verdegaia  "As emisións de GEI en Galicia (1990-2009)".

 

Ler máis...
 
Verdegaia apoia o dereito dos/as agricultores/as a vender as súas propias sementes
Monday, 10 de October do 2011
Verdegaia vén de incluír o seu apoio na recollida de sinaturas do “Manifesto polo dereito dos agricultores a vender as súas propias sementes de variedades tradicionais”. Este manifesto está incluído na campaña “Cultiva diversidad, siembra tus derechos” e outra vez ten que defender o dereito individual de cada agricultor ou agricultora a vender as súas propias sementes, o que supón asegurar a diversidade dos cultivos e das sementes existentes no mundo e tamén o dereito a vivir do traballo agrícola sen necesidade de ser unha grande empresa ou unha transnacional.
Ler máis...
 
Pide unha Lei estatal contra o Cambio Climático!
Saturday, 08 de October do 2011

coal-barcalast.jpgA Coalición Clima demanda que todos os partidos políticos inclúan como prioridade nos seus programas para as vindeiras eleccións xerais a aprobación dunha Lei de Cambio Climático. A falta de compromiso político e a presión de poderosos sectores económicos están a atrasar a resposta a unha urxente ameaza no século XXI. Cómpre un impulso lexislativo que dea un sinal claro sobre o camiño a seguir. A primeira obriga de calquera goberno é protexer a seguridade e o benestar da súa cidadanía, incluídas as xeracións futuras. Esíxeo agora! .

 
Un programa pola Terra
Thursday, 06 de October do 2011

programa_pola_terra.jpgCon ocasión das eleccións xerais convocadas para o próximo 20 de novembro, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF presentaron "Un programa pola Terra. Demandas para unha lexislatura sustentable". Este documento expón  propostas  ecoloxistas  para mudar as políticas e orientar a acción do próximo goberno cara á sustentabilidade.

Ler máis...
 
A minería de ouro en Corcoesto: grave perigo ambiental
Wednesday, 05 de October do 2011

minaouro.jpgA empresa mineira canadense Río Narcea Gold Mines-Edgewater está a proxectar unha explotación mineira de ouro ao descuberto que –se fose circular- ocuparía un círculo de máis de tres quilómetros de diámetro (773,6 hectáreas). Dita explotación está planeada sobre a zona protexida Natura 2000 do LIC do río Anllóns e abrangue os concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top