Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Xornadas "Memoria e futuro: Nucleares non!"
Monday, 18 de April do 2011
nucleares.jpgVerdegaia súmase á campaña internacional 25 anos – 25 xornadas de acción coa proxección dun documental e a celebración dunha mesa redonda os vindeiros 26 e 27 de abril, ás 19:30 no salón de actos da biblioteca municipal Ánxel Casal (Xoán XXIII, Santiago de Compostela).
Ler máis...
 
Condena do Tribunal Superior de Xustiza Europeo por incumprir a Directiva de Augas Residuais
Friday, 15 de April do 2011

Tras a denuncia presentada pola Comisión Europea o pasado mes de xullo, a Sala Oitava do Tribunal Superior de Xustiza Europeo vén de condenar ao Reino de España por incumprimento da Directiva de Depuración de Augas Residuais. En concreto a sentenza condena a falla dun sistema de colectores axeitado e a ausencia de tratamento secundario ou proceso equivalente en aglomeracións de máis de 15.000 habitantes. O prazo para adaptarse á citada directiva rematou o 31 de decembro de 2000. Entre as poboacións que incumpren esta directiva destacan as dúas maiores cidades galegas como son A Coruña e Vigo, a capital Santiago,  e mais Baiona, Noia, Tui, Cariño e Aguiño-Carreira -Ribeira.

Ler máis...
 
A Consellaría de Medio Ambiente non garante a protección do medio ambiente
Tuesday, 12 de April do 2011

Verdegaia e Ecoloxistas en Acción esixen que se respecten a Avaliación de impacto ambiental (EIA) como trámite garante da adecuada xestión dos espazos litorais ante infraestruturas portuarias sumamente impactantes que antepoñen os intereses privados aos públicos. Ambos colectivos consideran que eximir dos trámites de Avaliación ambiental aos proxectos de Portos deportivos en Escarabote e o Cabo de Cruz coa escusa de que o dano xa está feito, supón un desprezo e unha forma de desvirtuar a lexislación ambiental así como un impedimento á hora de garantir a adecuada xestión e protección dos valores naturais.

Ler máis...
 
Roteiro polos chozos do Suído
Tuesday, 12 de April do 2011

suido1.jpg

O vindeiro domingo, 17 de abril, realizamos un novo roteiro do Programa Vai de Roteiros de Verdegaia en colaboración con ASCEL e Asamblea do Suído. organizando unha ruta polos chozos e unha visita a un dos foxos de lobo da Serra do Suído, situada nos concellos pontevedreses de A Lama, Fornelos de Montes e Covelo e ourensáns de Avión e Beariz. Son os restos dun modo de vida tradicional que perdurou (e perdura ainda en parte) nesta Serra do Sur da Dorsal galega. Os chozos son unhas construccións que protexían aos pastores das inclemencias climáticas e os foxos son unhas antigas trampas medievais que se empregaban para cazar lobos. A persecución do gran carnívoro naquela época foi espectacular. Na actualidade, nesta Serra pervive ainda o lobo e parte da cultura asociada.

Ler máis...
 
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro" segue a realizar actividades
Friday, 08 de April do 2011
O movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, do que forma parte Verdegaia, segue realizando actividades, desta volta organizando unha palestra sobre o patrimonio xeolóxico e xeomorfolóxico da Serra do Galiñeiro no Antigo Convento de Santo Domingo de Tui (rúa Antero Rubín) este sábado 9 de abril, ás 19 horas.
Ler máis...
 
Apoiamos as mobilización contra a instalación de gaiolas de salmón na costa galega
Wednesday, 06 de April do 2011

salmon.jpgVerdegaia apoia a mobilización das traballadoras e traballadores do mar e de todas as persoas sensibles co ambiente preocupadas pola instalación de gaiolas de salmón na costa galega. A instalación prevista de dous proxectos experimentais de cría de salmón en gaiolas na Ría de Muros Noia é unha ameaza máis a un ecosistema particularmente rico e que xa soporta suficientes afeccións.

Ler máis...
 
Ante as malas interpretacións sobre a carreira de trail do domingo en Dexo
Tuesday, 05 de April do 2011
Verdegaia quere aclarar as malas interpretacións xornalísticas realizadas por varios medios de comunicacón a raíz do envío dunha nota de prensa por varios colectivos ecoloxistas e naturalistas galegos, entre os que está esta asociación, referida á carreira de trail celebrada este pasado domingo no L.I.C. e Monumento Natural de Dexo, Oleiros. Nesa nota denunciábase a situación alegal da carreira e as ameazas que sufriría a colonia de aves mariñas da costa de Dexo de levarse a cabo nos termos nos que se plantexaba por parte das dúas asociacións de montañeiros organizadoras do evento: sen permiso pese a percorrer un espazo protexido, pasando a poucos metros de niños de especies catalogadas a nivel estatal e autonómico,... Finalmente, os organizadores accederon a modificar o trazado e obtiveron o permiso pertinente. O malentendido que se xerou entre os termos trail (modalidade de carreira a pé campo a través) e trial de motos, frase publicada por varios medios, non partiu dos colectivos asinantes senón dalgúns medios de comunicación.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top