|
Tuesday, 07 de February do 2012 |
|
O próximo mércores 8 de febreiro,
a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para
reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e
sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e
contaminación que sofre a nosa cidade. O acto consistirá en repartirnos en
grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus
para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade
dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con
información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde
a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da
xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 06 de February do 2012 |
|
Hoxe luns 6 de Febreiro , ás 11.30h da
mañá, presentouse en rolda de Prensa a Plataforma Galega contra a
incineración e pola Reciclaxe. A plataforma xunta a todo o movemento
ecoloxista galego na loita contra a incineración e en favor de
alternativas como a redución, a reciclaxe e a compostaxe. Podedes seguir a súa actividade en http://galizasenincineracion.wordpress.com/
|
|
|
Monday, 16 de January do 2012 |
|
Este domingo 22 de xaneiro temos un novo roteiro dentro do programa "Vai de Roteiros", no que nos achegaremos ao Pico Sacro. A saída será ás 9:30 dende a Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (entrada superior); dende alí colleremos o autobús de liña ate Lestedo, onde comeza a ruta (dende o cruceiro, sobre as 11:00 h.).
O roteiro ascenderá ate o alto do Pico Sacro, facendo paradas nos puntos que polo, seu interese paisaxístico, xeomorfolóxico e/ou histórico teñan unha maior relevancia. Para coñecer máis deste espazo, as súas características e lendas, contaremos cun xeógrafo persoa experta en paisaxe, alén das achegas que poidan/queiran facer os asistentes; así mesmo, visitarase o centro de interpretación do Pico Sacro, xestionado polo concello de Boqueixón. Faremos paradas explicativas sobre paisaxe e impactos na comarca.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Friday, 30 de December do 2011 |
|
Verdegaia salienta que a lagoa e areal de A Frouxeira, como espazo incluido na Rede Natura 2000, humidal protexido e zona ZEPA, é un Ben de Interés Xeral e na súa xestión non debe prevalecer o beneficio a unha minoría, senón a utilidade e valor ambiental que lle aporta a toda a cidadanía no seu conxunto. O anegamento de terreos próximos é debido a un proceso natural agravado pola neglixente usurpación da marxe leste da lagoa. A solución pasa irremediablemente pola eliminación do vial, do paseo existente e a expropiación e supresión das edificacións, a fin de recuperar o seu estado natural.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Wednesday, 21 de December do 2011 |
Raro é o día que non sabemos dun novo problema que xurde na Sanidade
Pública. A tarxeta sanitaria é retirada ás persoas en situacións de
maior desprotección, os medicamentos son substituídos por outros que
teñen efectos secundarios, algúns hospitais carecen de medios funxibles,
recórtase o persoal dos centros sanitarios, as esperas son máis longas
mais a Administración agacha estas estatísticas, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Monday, 19 de December do 2011 |
|
Baixo o lema Para consumir sen nos consumir, os colectivos a Gentalha do Pichel
ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia
levan o 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis
consciente
|
|
Ler máis...
|
|
|
Tuesday, 13 de December do 2011 |
|
Presentámosvos o spot sobre consumo de envases realizado polo colectivo Retorna, do que Verdegaia fai parte. A mensaxe é "Un residuo pode chegar a converterse no mellor agasallo do Nadal se
reducimos a súa produción e apostamos pola reciclaxe e a reutilización."
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|