|
Martes, 22 de Xaneiro do 2008 |
|
Verdegaia denuncia que se está asfaltando o camiño forestal do treito que vai dende a estrada A Valenzá-Trelle á Base de Helicópteros do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais no Monte dos Castros, nos concellos de Toén, A Merca e Cartelle, todos eles situados na provincia de Ourense.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 20 de Xaneiro do 2008 |
|
Verdegaia considera que o novo decreto autonómico que regula o aproveitamento da enerxía eólica non garante a prevención de danos significativos á biodiversidade e á paisaxe. Aínda que a prohibición de construír parques en espazos da Rede Natura 2000 representa un avanzo importante, o decreto ignora a existencia de áreas con elevado valor ecolóxico fóra da rede Natura. Ademais, a contribución da eólica á sustentabilidade seguirá a verse moi limitada pola ausencia dunha política enerxética sustentable.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 18 de Xaneiro do 2008 |
 Cun acto informativo na rúa Príncipe de Vigo, Verdegaia e as organizacións da plataforma A Ría Non Se Vende, o sindicato CGT e Xogo Descuberto, queren contrarrestar o desconoñecemento xeralizado por parte da poboación sobre o tratado de Lisboa e os seus contidos e implicacións económicas, sociais e ecolóxicas.
Escribe o teu comentario |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 17 de Xaneiro do 2008 |
|
As areeiras, explotacións mineiras de extracción de area, situadas nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos (ambolosdous na comarca ourensá da Limia) constitúen un espazo natural de grande importancia para as aves acuáticas. Así o pudieron constatar membros de Verdegaia que realizaron un censo de aves acuáticas invernantes neste lugar nos pasados días cun total de case un milleiro de aves das diferentes especies.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 18 de Xaneiro do 2008 |
|
Ecologistas en Acción, WWF/Adena, Greenpeace, CC OO e os grupos parlamentarios Izquierda Unida-Iniciativa per Catalunya Verds (IU-ICV) e Los Verdes veñen de presentar unha proposición de lei de Aforro e Uso Eficiente da Enerxía. A proposta evidencia que se pode facer moito máis por reducir o consumo de enerxía do que están a facer gobernos como o estatal e o galego.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|