|
Martes, 04 de Marzo do 2008 |
|
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, en Compostela, o primeiro invernadoiro de Galicia destinado á Biotecnoloxía Forestal, ou sexa, á investigación de árbores modificadas xeneticamente. Verdegaia ven de trasladarlle á Consellería de Medioambiente a esixencia de anular a decisión de construír en Santiago de Compostela o primeiro invernadoiro de Galicia dirixido ao traballo con plantas transxénicas; que a Xunta se comprometa a non destinar recursos públicos á investigación de árbores modificadas xeneticamente; e a elaboración dunha Lei que prohiba as árbores xeneticamente modificadas -incluíndo os ensaios de campo- en Galicia.
Escribe o teu comentario |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 04 de Marzo do 2008 |
|
O pasado 29 de febreiro constituíuse a Plataforma Galega AntiTransxénicos integrada por vinte organizacións sociais, entre as que está Verdegaia. O obxectivo desta plataforma é traballar conxuntamente para acadar a declaración de Galicia como Zona Libre de Transxénicos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 04 de Marzo do 2008 |
 O día 26 de febreiro comezou unha tala de árbores centenarios nas
mediacións do aeroporto de Vigo, Peinador (carballos americanos e cedros
xigantes, entre outras especies). Dende Verdegaia denunciamos a
actuación da Entidade Pública Empresarial AENA, que aprobou a tala
indiscriminada no recinto aeroportuario para ampliar unha vez máis o
aparcamento de vehículos privados, proxecto executado pola empresa
DRAGADOS S.A, pertencente a empresa transnacional ACS.
Escribe o teu comentario (1 Comentarios) |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 03 de Marzo do 2008 |
|
Os/as veciños/as, Anacos da Cidade e Verdegaia convocan a toda a cidadanía
a unha concentración na Praza maior o venres 7 de marzo ás 10:00 h. para
protestar contra o incumprimento da retirada das chemineas de Mercadona en
Mariñamansa.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 01 de Marzo do 2008 |
|
No próximo mércores 5 de Marzo, ás 20 h, terá lugar no centro social O Pichel de Santiago (rúa Santa Clara, 21) unha proxección do documental "Unha lousa sobre o Courel", organizada por Verdegaia-Compostela. No final da proxección haberá un coloquio con Henrique Banet, director do filme.
Escribe o teu comentario |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|