|
Xoves, 27 de Xullo do 2006 |
O Plan de Excelencia turística da cidade de Ourense inclúe actuacións centradas, entre outras, na creación de nove xardíns que albergarán diferentes especies vexetais. Verdegaia, quere suliñar a importancia dos estudos de impacto ambiental á hora de introducir especies exóticas tanto animais como vexetais no territorio. Neste plano non consta a existencia de ningún estudio medio ambiental rigoroso sobre as actuacións que se pretenden levar adiante. É unha práctica reiterada do Concello de Ourense facer proxectos esaxerados e de dubidosa utilidade sen axustarse a normativas medioambientais vixentes e sen ningún tipo de estudo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 22 de Xullo do 2006 |
|
Verdegaia apresenta o documento “Un Estatuto para a Sustentabilidade. Unha Galiza para a Convivencia” no que a asociación ecoloxista recolle o seu posicionamento perante a redacción dun novo Estatuto. Verdegaia aposta por un proceso participativo de redacción do Estatuto, así como por unha forte presenza da sustentabilidade ecolóxica acompañada de xustiza social. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 21 de Xullo do 2006 |
|
Verdegaia pide ás forzas políticas que sustentan o actual G oberno, BNG e PSdG-PSOE, que inicien o diálogo e a negociación para acadar o que tantas veces reclamaron desde a oposición: un amplo pacto social e político contra os lumes forestais. De non mudar a liña política que está a seguir o Goberno bipartito, parece máis fácil que éste chegue a un acordo co PP que coas organizacións sociais máis progresistas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 17 de Xullo do 2006 |
|
Verdegaia vén de presentar alegacións contra o proxecto sectorial relativo á modificación do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, Ponte Olveira II e Fervenza II no río Xallas, nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña), titularidade de Ferroatlántica, S.L.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 14 de Xullo do 2006 |
A asociación ecoloxista Verdegaia coida que a proposta de Plano Nacional de Asignación (PNA) de Dereitos de Emisión de dióxido de carbono (CO2) para o período 2008-2012 carece de ambición e resulta pouco acorde co espírito do Protocolo de Quioto. En particular, Verdegaia critica que a proposta de Plano presentada antonte polo Goberno central beneficie as centrais térmicas de carbón, as centrais eléctricas máis intensivas en emisións de CO2. No caso de Galicia, as emisións das centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama representaron en 2005 o 32 % das totais. Na nosa terra, as emisións por habitante de gases causantes do cambio climático pasaron das 10,3 t de 1990 ás 14,6 de 2004, unha cifra moi superior á da UE-15 (11,2) e á do conxunto de España (10,8).
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 Seg. > Remate >>
|