Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Revista Cos Pés na Terra
amarante
bicis
galizanonsevende
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
Sindicación
testing
As principais organizacións ecoloxistas estatais denuncian o urbanismo sen control
Martes, 13 de Xuño do 2006
Ecologistas en Acción, xunto coas outras catro principais organizacións ecoloxistas de ámbito estatal (WWF/Adena, SEO/Birdlife, Greenpeace e Amigos de la Tierra), denunciou con motivo do pasado Día Mundial do Ambiente as nefastas consecuencias ambientais e sociais do urbanismo sen control en España. Asemade, solicitou ao presidente do Goberno central, e aos de todas as Comunidades Autónomas, que impidan a especulación urbanística.
Ler máis...
 
A FEG denuncia a extinción da Erodium maritimun no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Luns, 12 de Xuño do 2006
erodiumA herba de agulla (Erodium maritimun) está catalogada "En Perigo Crítico de Extinción" pero, nun exercicio de irresponsabilidade, foi substituída por baldosas para unha terraza de acceso ao faro das Illas Cíes, en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas, segundo informou a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia. 
Ler máis...
 
A sustentabilidade da industria do papel en Galiza vai máis alá do peche de ENCE en Lourizán
Mércores, 07 de Xuño do 2006
ence.jpg

A asociación ecoloxista galega Verdegaia apoia a marcha contra celulosas convocada pola APDR para o próximo 10 de xuño en Marín e en Pontevedra baixo o lema “Porque a recuperación da ría, os postos de traballo, e a saúde non poden agardar máis...ENCE fóra de Lourizán”. O peche canto antes de ENCE-ELNOSA en Lourizán é absolutamente necesario para resolver un grave problema de contaminación local e para favorecer a sustentabilidade en Pontevedra e a súa comarca. Sen embargo, a sustentabilidade da industria do papel vai moito máis alá da cuestión da ubicación da factoría de ENCE e require unha transformación global que incida sobre a ordenación e manexo dos eucaliptais, as tecnoloxías de produción, o consumo de papel e a reciclaxe.

Ler máis...
 
Galiza é cada vez máis insustentábel. Verdegaia salienta 5 indicadores no Día do Medio Ambiente
Domingo, 04 de Xuño do 2006

atasco.jpgCon motivo da celebración mañán luns do Día do Medio Ambiente, a asociación ecoloxista Verdegaia quere salientar que Galicia é un país cada vez máis insustentábel. Os 5 indicadores que se presentan a continuación ofrécennos o retrato dunha Galicia insustentábel que, ademais, e como o resto dos países occidentais, “exporta insustentabilidade”. Verdegaia reclama da Xunta un compromiso forte coa sustentabilidade, que ten que deixar de ser a excepción para se converter na norma. A sustentabilidade debe ser o eixo central de toda a acción de goberno.

Ler máis...
 
Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia cunha ordenación eólica sustentábel
Mércores, 31 de Maio do 2006
A asociación ecoloxista Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia, muinhos3.jpgpero tamén que ésta non se siga a instalar á custa do patrimonio natural. A demanda da Xunta de maior potencia eólica para Galicia (6.500 MW no 2010) debería ir acompañada dun xiro ambientalista na ordenación eólica. Sen embargo, a lóxica produtivista parece ter continuidade na Consellería de Industria, así como a debilidade da de Medio Ambiente á hora de defender os espazos naturais, como indica a recente autorización de parques eólicos na serra do Suído.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 41 42 43 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
10 preguntas
4x4
 
sust_2007
exposicion
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Próximos eventos
Vigo: Documental "CO2sta: Impactos del Cambio Climático en zonas costeras"
Agosto 30, 2008

Vigo: VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Outubro 18 - 19, 2008

Vigo: VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Outubro 18 - 19, 2008
En datas recentes
CURSO DE MONITOR DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
Agosto 4, 2008

Ver calendario completo
   Home  Print  @ Contact Top