|
Martes, 07 de Novembro do 2006 |
|
O domingo 12 de novembro as 11:00 sairá dende a Alameda de Compostela a Gran Bicicletada "Con Bici sen CO2". Verdegaia propón propón un percorrido sinxelo de 10 km pola cidade, equiparable aos traxectos diarios ao
traballo, aos colexios ou para ir comprar que realiza calquera cidadán. Con esta iniciativa, preténdese amosar a facilidade
de realizar os traxectos urbanos en bicicleta, así como a contribución
persoal que podemos facer elixindo a bicicleta para desprazarnos. Por
todo iso, ao final do percorrido calcularemos o CO2 que evitamos emitir
á atmosfera ao elixir a bicicleta como medio de transporte para os
nosos desprazamentos cotiáns e leremos un manifesto en defensa do recoñecemento da
bicicleta como medio de transporte e a favor do seu uso.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 02 de Novembro do 2006 |
|
Demarcación de Costas promoveu a rehabilitación da Ponte Metálica do Barqueiro. As obras desta rehabilitación están xa moi adiantadas e se ben valoramos moi positivamente a recuperación da Ponte Metálica do Barqueiro, dado o seu valor histórico e arquitectónico, certas intervencións non son, ao noso entender, as máis axeitadas e están a ocasionar o deturpamento do deseño orixinal desta ponte do século XIX. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 01 de Novembro do 2006 |
|
Verdegaia compareceu no 31 de outubro perante a Comisión non permanente do Parlamento Galego para o estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais en Galicia, dentro da rolda de comparecencias de organizacións sociais, axentes económicos, alcaldes, etc, organizada por esta comisión. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 01 de Novembro do 2006 |
|
Verdegaia propón que a loita contra os incendios forestais descanse sobre catro eixos: o estudo profundo das cau sas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta forte pola prevención; a mellora da extinción e unha nova política de montes sustentable. Galicia é, xunto co norte de Portugal, a zona da UE onde máis incendios teñen lugar en comparación coa superficie forestal, cunha media de 50 lumes por cada 10.000 hectáreas de superficie forestal entre 1991 e 2004. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 31 de Outubro do 2006 |
|
A RALLT (Rede por unha América Latina Libre de Transxénicos) e Acción Ecológica de Ecuador, co apoio da ONGD holandesa Hivos, ven de publicar o libro de Elizabeth Bravo “Biocombustibles, Cultivos Energéticos y Soberanía Alimentaria en América Latina. Encendiendo el Debate sobre los Biocombustibles”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 Seg. > Remate >>
|