|
Martes, 15 de Agosto do 2006 |
|
Representantes de Verdegaia, ADEGA, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) reunímonos onte en Santiago para falar con Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, sobre a problemática dos incendios forestais na nosa terra. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 13 de Agosto do 2006 |
|
Por causa da intensa vaga de lumes que está a sufrir o noso p aís desde comezos de agosto, estase a falar moito de lumes forestais. Nas análises do problema predominan moitas veces a falta de rigor e as visións partidarias dun ou doutro signo. Desde Verdegaia queremos contribuír ao esclarecemento da opinión pública respondendo a dez preguntas básicas para entender o problema dos lumes na nosa terra, as súas causas e as súas solucións. |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 12 de Agosto do 2006 |
|
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade puxo en marcha o pasado día 9 o servizo “Voluntari@s contra o Lume”. A asociación ecoloxista galega Verdegaia demanda da Xunta de Galiza o non desvirtuamento do voluntariado e esíxelle coerencia na demanda de apoio e colaboración por parte da cidadanía. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 10 de Agosto do 2006 |
|
Verdegaia e Ecologistas en Acción consideran que a alarmante situación que sofre Galicia repítese desde hai unha década. Con todo, non se pode falar da existencia este ano dunha situación excepcional en canto ao número de hectáreas queimadas, xa que arderon aproximadamente o mesmo número de hectáreas, a data de hoxe, que en anos anteriores. Con todo, este ano os incendios concéntranse nas zonas máis poboada de Galicia e cunha extrema dispersión xeográfica, debido a unha inexistente ordenación territorial. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 08 de Agosto do 2006 |
|
Verdegaia e Ecologistas en Acción coidan que a onda de incendios forestais e as súas dramáticas consecuencias son o resultado tanto da falta de xestión sustentábel dos montes e da desorde territorial coma do elevado grao de impunidade do que gozan os incendiarios. Situacións similares ás que vivimos estes días producíronse con anterioridade e poñen de manifesto a necesidade de que a ordenación e xestión sustentábeis do monte ocupe un lugar destacado nas prioridades da Xunta e do resto das Administracións ao longo de todo o ano, o que se debe traducir en máis recursos e en mellores políticas. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|