|
Venres, 01 de Setembro do 2006 |
|
A débeda ecolóxica, no plano internacional, surxe de dous conflitos ecolóxicos distributivos: o intercambio ecoloxicamente desigual e o uso desproporcionado do espazo ambiental por parte dos países ricos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 31 de Agosto do 2006 |
O acordo unánime do Pleno permitiu aprobar case integramente a moción "Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático" presentada por Verdegaia o pasado mes de maio. Coa súa aprobación, o goberno municipal asume a integración de medidas de mitigación do cambio climático en todas as súas políticas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 31 de Agosto do 2006 |
|
Realizarase o domingo 3 de setembro, aberto a todo aquel que queira coñecer as paisaxes e hábitats desta zona do concello de Nigrán, ameazada polo proxecto dun campo de golf. Ademais, aproveitaremos o roteiro para facer unha limpeza nas covas do Folón. Sairemos da igrexa de Coruxo ás 10:00. O roteiro durará todo o día. Cómpre levar comida, calzado axeitado e luvas para a limpeza.
Escribe o teu comentario (11 Comentarios) |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 30 de Agosto do 2006 |
|
Empregando datos oficiais, o informe de Verdegaia "Unha catástrofe incendiaria sen aclarar" pon de manifesto a dimensión da catástrofe provocada polos 1.970 lumes que arrasaron 77.772 hectáreas entre o 4 e o 15 de agosto, un episodio especialmente grave dun desastre ambiental que se repite ano tras ano. Verdegaia, alén dunha nova política forestal, esixe a máxima transparencia sobre a vaga de incendios e a resposta institucional. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 29 de Agosto do 2006 |
|
Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, moi sensibilizada co grave problema dos lumes, decidiu organizarse xunto coa SGHN e ADEGA para tentar mitigar os efectos de máis lumes nas nosas comarcas. Para isto formouse un dispositivo de vixilancia dos montes e alerta rápida ás autoridades. Este dispositivo consiste en grupos de voluntarios/as que de forma totalmente altruista adican parte do seu tempo libre a percorrer os montes provistos duns prismáticos e dun móbil. Pretendemos, deste xeito, alertar o máis axiña posíbel a bombeiros e brigadas contraincendios no caso de lume. A lista de voluntarios/as continua aberta e para colaborar só hai que chamar ao teléfono 981 35 28 20 en horario de mañá. As labouras de vixilancia continuarán até finais de setembro. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|