|
Luns, 12 de Xuño do 2006 |
A herba de agulla (Erodium maritimun) está catalogada "En Perigo Crítico de Extinción" pero, nun exercicio de irresponsabilidade, foi substituída por baldosas para unha terraza de acceso ao faro das Illas Cíes, en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas, segundo informou a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 07 de Xuño do 2006 |
A asociación ecoloxista galega Verdegaia apoia a marcha contra celulosas convocada pola APDR para o próximo 10 de xuño en Marín e en Pontevedra baixo o lema “Porque a recuperación da ría, os postos de traballo, e a saúde non poden agardar máis...ENCE fóra de Lourizán”. O peche canto antes de ENCE-ELNOSA en Lourizán é absolutamente necesario para resolver un grave problema de contaminación local e para favorecer a sustentabilidade en Pontevedra e a súa comarca. Sen embargo, a sustentabilidade da industria do papel vai moito máis alá da cuestión da ubicación da factoría de ENCE e require unha transformación global que incida sobre a ordenación e manexo dos eucaliptais, as tecnoloxías de produción, o consumo de papel e a reciclaxe.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 04 de Xuño do 2006 |
|
Con motivo da celebración mañán luns do Día do Medio Ambiente, a asociación ecoloxista Verdegaia quere salientar que Galicia é un país cada vez máis insustentábel. Os 5 indicadores que se presentan a continuación ofrécennos o retrato dunha Galicia insustentábel que, ademais, e como o resto dos países occidentais, “exporta insustentabilidade”. Verdegaia reclama da Xunta un compromiso forte coa sustentabilidade, que ten que deixar de ser a excepción para se converter na norma. A sustentabilidade debe ser o eixo central de toda a acción de goberno.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 31 de Maio do 2006 |
A asociación ecoloxista Verdegaia demanda máis potencia eólica para Galicia, pero tamén que ésta non se siga a instalar á custa do patrimonio natural. A demanda da Xunta de maior potencia eólica para Galicia (6.500 MW no 2010) debería ir acompañada dun xiro ambientalista na ordenación eólica. Sen embargo, a lóxica produtivista parece ter continuidade na Consellería de Industria, así como a debilidade da de Medio Ambiente á hora de defender os espazos naturais, como indica a recente autorización de parques eólicos na serra do Suído. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 29 de Maio do 2006 |
|
A asociación ecoloxista Verdegaia presenta simultaneamente nos Concellos de A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense e Compostela a moción Estratexia Municipal fronte ao Cambio Climático na que propón un catálogo de medidas a adoptar dende os municipios para contribuír a reducir a incidencia do cambio climático. Verdegaia considera que os Concellos deben integrar a mitigación do cambio climático nas súas políticas, o que incidirá positivamente na prevención do maior problema ambiental global e na mellora da calidade de vida da cidadanía.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 Seg. > Remate >>
|